Priscila Retamozo (Arxentina, 1993) conta, malia a súa xuventude, cunha longa experiencia no eido da igualdade.
Graduada en Ciencias Políticas pola USC, ten un máster en igualdade de xénero pola Universidade de Málaga, é coautora dos libros Comando igualdade e A revolución feminista nas aulas, estivo un ano na secretaría técnica da ONU Mulleres en Ecuador, entre outros, e é formadora en igualdade xunto con Cristina Louzán en Prisma Consultora, coa que impartiu obradoiros afectivo-sexuais en centros educativos de Ribadeo dentro do programa municipal do 8-M.
Obradoiros de igualdade en Ribadeo
Que actividades realizaron coa rapazada de Ribadeo?
Con quinto de primaria fixemos unha xincana da igualdade cunha serie de probas onde teñen que pasar polas distintas tarefas que ten unha familia nun día. Traballamos en quen fai esas tarefas e na importancia dos coidados.
Cos de sexto foi A fogueira da illa das reflexións, onde se fala dos estereotipos de xénero, dos roles… para abrir mediante o xogo un espazo seguro no que puidesen falar das cousas que lles afectaban.
En terceiro da ESO a actividade era Hackeando o machismo, onde falamos sobre as redes sociais e os influencers, e en cuarto da ESO o Buzón vermello sobre educación sexual, onde puideron facer preguntas ou comentar en relación aos seus vínculos, desde un punto de vista máis de emocións e de relacións que desde o punto de vista sexolóxico.
Tamén estivemos con alumnado de FP básica falando de como se informaban a través de TikTok e recomendando a importancia de recorrer a fontes oficiais.
Resposta do alumnado e preocupacións detectadas
Como foi a resposta do alumnado nestes talleres?
Moi boa; foron moi participativos e participativas e fixeron unhas valoracións moi positivas nas que cualificaban a actividade de moi necesaria e agradecían o xeito de poder falar destes temas sen xulgar pero dando claves, desde unha perspectiva crítica.
Pola nosa parte houbo algunha cousa que nos preocupou, por exemplo detectamos que en quinto de primaria estaban chegando a contidos pornográficos a través de GIFs. Contaron que ás veces, buscando GIFs para presentacións de clase, teñen atopado pornografía e iso non o detectan os controis parentais.
Aínda que con estes grupos a nosa actividade non ía específicamente diso, como temos a formación aproveitamos para falalo.
Noutras clases de sexto dáse un consumo de porno en dispositivos móbiles a través de GIFs ou de stickers que teñen en WhatsApp. Ás veces pasan enlaces a través de redes nos que poñen «os teus pais non queren que piches aquí» e ao piches aparece porno.
É bo que cando atopen contido deste tipo o falen cos pais ou cos profesores; hai que apostar por espazos de seguridade
Acceso temperán á pornografía
Resulta alarmante.
Moi alarmante, pero ao final é o reflexo do que nos din as estatísticas: os últimos estudos falan dun acceso á pornografía aos 12 anos e dun primeiro acceso máis ou menos habitual aos 8 anos.
A partir da ESO un 75% dos rapaces consumen porno e ademais sen ningún outro tipo de alternativa educativa, xa que hai unha falta de formación sexual.
Solucións e propostas educativas
Que solución lle ve?
É bo que o falen con persoas adultas, que conten que viron ou lles chegou ese contido. Hai que apostar por espazos de seguridade, non botarlles a bronca senón escoitar e acompañar.
Ademais de formacións puntuais como a que fixemos nós, hai que procurar ter intervencións sostidas a
Únete a la conversación
Regístrate gratis con tu email para comentar en las noticias. Tu opinión importa.