Tanxugueiras, no Coliseum, no 2023. / Casteleiro/Roller Agencia
As galegas Tanxugueiras celebran neste 2026 o seu décimo aniversario como grupo e vanno facer con dobre festexo. Por un lado, anuncian que actuarán no Coliseum de A Coruña e, por outro, adiantan que ao longo deste ano sacarán novo disco. Xa teñen decidido o nome: «O cuarto».
Ese é o seu número tamén despois dos álbumes «Tanxugueiras», «Contrapunto» e «Diluvio». Este último -que estivo no top dos máis vendidos no seu lanzamento- fora publicado no 2022, xusto despois do éxito colleitado pola súa participación no Benidorm Fest daquel ano onde case logran ser as representantes españolas en Eurovisión. Lembremos como coñecemeos despois que persoas do xurado tiñan certa amizade coa contrincante Chanel.
Salado Golf & Beach Resort
Descubre la oportunidad de inversión más exclusiva del Caribe. Villas de lujo con retorno garantizado del 12% anual en Punta Cana.
Conoce más →Tanxugueiras, no Intercéltico de Moaña. / Diego Seixo
O álbum está producido por Iago Pico (que tamén producira «Diluvio») e o lucense Gabi Fernández. Na nota remitida pola súa oficina representante, sinalan que Aida, Sabela e Olaia evolucionan cara «unha proposta máis madura». Tamén indican que «reafirman o seu compromiso co idioma e o folclore galego» que seguen a ser os «alicerces esenciais» da súa identidade.
Este cuarto disco vanno desvelar en directo o 17 de outubro no Coliseum da Coruña. Será o seu único concerto en Galicia este ano. As entradas estarán á venda este mércores 4 de marzo a partir das 12.00 horas na web oficial de Tanxugueiras.
O emblemático lugar garda un oco especial no corazón do grupo xa que no 2023 fixeron historia ao se converteren nas primeiras artistas galegas en colgar o cartel de todo vendido no recinto. Alí, chegaron a reunir a case 9.000 persoas que asistiron ao peche da xira «O derradeiro diluvio».
Deste xeito, Tanxugueiras quere volver a ese lugar especial para celebrar os seus dez anos, para lembrar o vivido nesta década, pero tamén «para marcar o comezo dunha nova etapa», sinalan.
¿Buscas una Inversión Segura?
Salado Golf & Beach Resort te ofrece la oportunidad de invertir en el Caribe con rentabilidad garantizada del 12% anual
Solicitar Información Ahora