Borja Iglesias sinala cara a Williot, autor da asistencia de gol, tras superar a Courtois e con Rüdiger de costas á celebración dos célticos. | MARTA G. BREA
Pocas veces se atopan os rivais cun Real Madrid tan mermado como o que onte visitou Vigo con dez baixas. O Celta desaproveitou a oportunidade de romper unha racha sen gañar aos merengues en Balaídos desde 2014. Doce anos nos que os célticos só sumaron un empate. E ese era o resultado ao que se encamiñaba un partido irregular dos de Giráldez, que apostou por defender en bloque baixo para evitar a rapidez e habilidade de Vinícius. O plan dos celestes fallou no primeiro tanto de Tchouameni tras un saque de esquina. Arranxouno en parte Borja Iglesias ao empatar antes do descanso tras unha gran asistencia de Williot. Puderon adiantarse os locais pero o remate de Aspas foi repelido polo pau da portería de Courtois no minuto 86. O Real Madrid respondeu no minuto 94 cun disparo dende o balcón da área de Valverde que ía marchar fóra, pero o rebote no corpo de Marcos Alonso desviou o balón ao lado contrario ao que se atopaba Radu. O Celta perdía así a oportunidade de acadar ao Betis na quinta praza, mentres o Real Madrid continúa vivo na Liga tras encadear dúas derrotas.
Non funcionou o plan. Giráldez estaba convencido de que a mellor maneira de ganarlle ao Real Madrid era repetir o plan que levou ao Celta a sumar os tres puntos no Bernabéu. Non importaban as importantes baixas no equipo de Arbeloa. Ao Getafe tamén lle funcionou o luns pasado e o Celta quería os tres puntos, aínda que para iso tivese que sacrificar un xogo máis aberto e vistoso para o espectador. Pero permitiu demasiados disparos dende a frontal, do que se aproveitaron dous reputados rematadores co pé como Tchouameni e Valverde.
Pouco tacto co balón. Saíu o Celta agarrotado ao campo e con pouco tacto co balón, o que propiciou moitas perdas e obrigaba ao equipo a ceder máis terreo ao rival do desexado. As aparicións de Carreira e Mingueza polas bandas parecían a única solución para saír do atollado ante un Real Madrid que estrelou o balón no pau no minuto 9 tras unha cabalgada de Vinícius ante a pasividade de Radu para saír ao seu encontro. A continuación, Tchouameni tivo dúas ocasións para golpear dende a frontal e conseguiu que o seu equipo se puxese moi pronto por diante no marcador.
Williot. O sueco estase gañando a etiqueta de ‘pesadilla’ do equipo branco, pois en cinco partidos xerou catro goles e unha asistencia. A de onte a Borja Iglesias chegou tras un gran pase en profundidade de Mingueza coa esquerda. Williot esquivou un Trent moi pusilánime que permitiu ao céltico controlar o balón desde a liña de fondo e agardar á chegada de Borja Iglesias para darlle un pase que o compostelán só tivo que empurrar á portería de Courtois. Tras o dobrete no Bernabéu, que supuxo un gran triunfo do Celta, Williot nivelou onte o partido. Antes do descanso, puido lograr o segundo para o Celta pero o seu remate coa esquerda despexouno como puido Courtois tras unha boa asistencia de Carreira desde a dereita.
Once goles do ‘Panda’. Borja Iglesias estreouse onte como goleador ante o Real Madrid, no seu décimo terceiro enfrontamento contra o conxunto branco, defendendo as cores do Espanyol, o Betis e o Celta. O dianteiro céltico aproveitou o regalo de Williot para sumar o seu undécimo tanto na Liga, o que o mantén na loita polo Trofeo Zarra ao máximo goleador español da Liga. A iso o compostelán engade catro goles máis entre a Copa e a Liga Europa para acumular 15 tantos no que vai de tempada. O gol foi o único positivo onte do ‘Panda’ nun dos seus peores partidos coa celeste ao amosarse enfrontado toda a noite co balón.
Catro cambios. Apostou Giráldez por un once que pode parecer
Únete a la conversación
Regístrate gratis con tu email para comentar en las noticias. Tu opinión importa.