«Fomos algo así coma a froita que, contra ventos e tempestades, permanece intacta na árbore e parece sa, pero logo, tras caer un día, descóbrese que estaba podre ou tiña un verme no seu interior.» Teño a Xabier Quiroga coma un dos grandes nomes da nosa literatura actual e, tamén, coma un dos poucos que con total seguridade se seguirá lendo co paso das décadas.
Velaquí, nesta admiración confesa, xurdiume a dúbida de se eu sabería ser quen de mergullarme neste Alguén ao lado con absoluta imparcialidade, de manter afastadas as miñas lecturas previas do autor para, así, tratar esta novela coma a novidade editorial independente que é.
Non sei se conseguín afastarme tanto como pretendía, mais por fortuna a ruptura radical da temática desta novela coas anteriores —as cales nos levaban á Guerra Civil— si que me foi favorable para o meu obxectivo.
Salado Golf & Beach Resort
Descubre la oportunidad de inversión más exclusiva del Caribe. Villas de lujo con retorno garantizado del 12% anual en Punta Cana.
Conoce más →Unha nova dirección temática
Intercalando recordos da adolescencia, da súa idade adulta traballando para don Celso e da fin de semana que bota en Marrocos, descubrimos quen é Luís, tamén coñecido como Lis, e o modo en que a súa personalidade se forxou firmemente por mor dos acontecementos e, sobre todo, das persoas vencelladas á súa mocidade.
O pequeno grupo que fixo coa Mar e co Iak, personaxes tamén principais, antes de ir estudar fóra rompeuse décadas atrás, mais aínda restan moitas cinsas no boquelo.
A forma de describir de Quiroga consegue facernos sentir no padal o sabor das especias que o Lis ule na viaxe a Marrakech, onde en que se volverá atopar co Iak, se cadra para varrer toda esa cinsa de vello; pero tamén dá conta de crear atmosferas escuras cando son necesarias, de embebedarnos nunha barca ás tres da madrugada ou de colocarnos con cada porro que os protagonistas levan á boca.
Metaliteratura e referencias literarias
Xa para rematar, se algo ten en común boa parte da obra anterior de Quiroga, iso é o pracer pola adhesión do concepto de metaliteratura á hora de elaborar o esqueleto que xungue os seus argumentos.
Non precisamos ir moi lonxe: nas dúas últimas obras que, ata agora, publicara —O baile dos estorniños e Coa man esquerda—, os protagonistas son escritores que reciben cadansúa historia porque, parece ser, cómpre seren escritas.
Neste Alguén ao lado, aínda que dun xeito máis feble, as participacións decenais en obradoiros de escrita creativa do protagonista, tamén escritor, dan unha outra puntada no fío que enxerta cada unha das novelas de Quiroga.
Clásicos revisitados: Gógol e a narrativa rusa
Foi o ucraíno N.V. Gógol (1809-1852) un escritor visionario que, curiosamente, introduciu o realismo na narrativa rusa. En Contos de San Petersburgo, obra de cinco relatos traducida por Aleksandr Dziuba e publicada por Rinoceronte Editora, vemos como o autor de Almas mortas procura unha representación veraz das historias, aínda que non renuncia a usar a fantasía e o humor.
Neste libro, no que aparecen seres humildes que padecen conflitos universais, en efecto, alternan fantasía e realidade.
En «Diario dun tolo» aprezamos un bo coñecemento da psiquiatría cando nos presenta un funcionario insignificante que se cre o rei de España; «O retrato» é unha reflexión sobre a arte e a ambición, que adquire unha dimensión visionaria, e en «O nariz» descubrimos unha mestura de absurdo e sátira social cando vemos como se independiza un nariz do seu dono e comeza a pasearse pola cidade nunha carruaxe.
En «A avenida Nevski», a arteria principal da cidade actúa como teatro de vaidades durante o día e, de noite, convértese nun lugar hostil no se que premia a hipocrisía. «O capote» ten como protagonista un funcionario insignificante, que sofre a tiranía das ríxidas xerarquías, e que toma vinganza a través dun fantasma unha vez morto.
Contos de San Petersburgo é unha excelente mostra cargada de tenrura e ironía da arte narrativa dun grande da literatura rusa.
Autor: N.V. Gógol (tradución de Aleksandr Dziuba)
Memoria e identidade: En memoria da nosa infancia
As olladas dende unha perspectiva construtiva achegan a sensación de que a vida ten un fío condutor que lle permite ao individuo analizarse e entender o mundo.
O pasado ha de ser un punto de referencia e non un lugar de residencia e isto é o que debe pensar o autor de En memoria da nosa infancia, alguén xa maduro que decide voltar á infancia e rememorar «ese territorio compartido onde se forxa a identidade» para poder dar coas claves do seu presente.
Os primeiros anos de escola, a lingua na que falaban, os partidos de fútbol en terreos convertidos logoe en colexio público, os primeiros amoríos, a influencia da relixión… conforman algunhas das referencias nas que o escritor vai facendo paradas e comentando dende a distancia e a coa sabedoría que dá a experiencia como influíron na súa concepción da vida.
Porque se somos donos dos nosos actos non é menos certo que tamén somos vítimas de pensamentos que de forma interesada nos inculcaron nunha época na que a represión e o medo se encargaban de silenciar e que de maior agroman con certa virulencia.
Pola súa parte, o equilibrio entre o relato cercano e o estilo co que se achega ao lectorado establece unha conexión inmediata que transforma ao espectador nun cómplice activo da narración.
Autor: Antolín Alcántara Álvarez
Novela histórica e xiros metaficcionais
Recensionei xa aquí novelas que confirman o repunte do xénero histórico ou a actualidade dos imaxinarios historiográficos. A característica central é que conseguen violentar as imaxes fixas ou compracentes de periodos relevantes para a nosa complexión identitaria.
Penso en Coa man esquerda, de Xavier Quiroga, ou nas sagas de Xosé-Henrique Costas e de Xavier Alcalá.
En Mazarelos, Manuel Portas recrea ben a Compostela de mediados do XIX, onde Eduardo Pondal, Eurelio Aguirre e Luís R. Seoane argallan o Banquete de Conxo, no que os camareiros serán estudantes de boa familia e os convidados, traballadores manuais.
As castas do lugar pretenden impedilo. En paralelo, Mazarelos atende a X. López Amarante, director do instituto Xelmirez I, onde Portas traballou media vida e onde estudaron Pondal, Aguirre e Seoane. Amarante quere expulsar a familia que vive en réxime de acollida no terceiro andar do instituto.
Ata aquí, Mazarelos semella unha novela histórica prototípica. Non obstante, os capítulos ubicados a mediados do XIX intercálanse con outros nos que Helena, a profesora xubilada que os está a escribir, cuestiona a súa propia escrita e interpela os personaxes históricos.
Este xiro metaficcional eleva á novela a un novo estándar de complexidade.
¿Buscas una Inversión Segura?
Salado Golf & Beach Resort te ofrece la oportunidad de invertir en el Caribe con rentabilidad garantizada del 12% anual
Solicitar Información Ahora