CONTIDO:
A asamblea de Acisa Ribadeo elaborou un calendario que propón ao comercio local co fin de unificar, na medida do posible, as datas de apertura e disipar dúbidas sobre os días nos que abrir ao longo do ano.
Deste modo, ao marxe de respectar os peches de obrigado cumprimento, Acisa acordou recomendar abrir o comercio de Ribadeo o día de xoves santo todo o día, o día de san Xoán, así como o 15 de agosto todo o día e o seguinte, que é San Roque, durante a mañá.
Salado Golf & Beach Resort
Descubre la oportunidad de inversión más exclusiva del Caribe. Villas de lujo con retorno garantizado del 12% anual en Punta Cana.
Conoce más →Adoptaron esta decisión porque teñen identificados que son os dous días de maior afluencia turística de todo o ano.
Datas recomendadas de apertura e peche
Ademais, Acisa propón abrir o 12 de outubro, o 6 de decembro só pola mañá xa que é domingo e o 8 de decembro todo o día.
Os de peche de obrigado cumprimento por lei son o 1 de xaneiro, o 1 e o 17 de maio, o 25 de xullo e o 25 de decembro.
Recoméndase pechar o 19 de marzo, o día de venres santo, o 8 de setembro que é o día da patroa de Ribadeo e festivo local.
Equilibrio entre tradición e conciliación
Con esta distribución, a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, cre que se respecta o que xa se vén facendo de xeito tradicional dende hai anos pero “intentando respectar tamén datas sensibles e intentando buscar un equilibrio para fomentar a conciliación laboral e familiar”.
Chamamento á participación dos asociados
Na asamblea na que se adoptou este acordo tamén se fixo un chamamento aos asociados no sentido de solicitar unha maior implicación na participación nas campañas, na execución das mesas e nas consultas que se realizan.
“O éxito deste colectivo radica no bo facer dos seus membros, no compromiso e no traballo en rede e colectivo. Con esta asemblea e a posterior comunicación pública tamén cumprimos de forma moi ampla cos varemos de publicidade e transparencia da xestión de Acisa Ribadeo”, explica Cruzado.
Balance do ano e cifras récord
A modo de balance do ano, a directiva de Acisa apuntou que pecharon 2025 con 165 asociados tras a alta de 19 novos negocios, realizaron 61 actividades, 14 colaboracións con distintas entidades, teñen activos 12 convenios “e aumentamos os patrocinios chegando a máis de 21.905 euros, que nos axudan a cofinanciar as nosas actividades, xeramos unhas 1.000 impresións en prensa, obtivemos máis de 1,5 millóns de visitas ás nosas redes e web, e repartimos un total de 120.000 unidades de diferentes materiais gratuítos, todas cifras récord para Acisa Ribadeo”.
¿Buscas una Inversión Segura?
Salado Golf & Beach Resort te ofrece la oportunidad de invertir en el Caribe con rentabilidad garantizada del 12% anual
Solicitar Información Ahora