A Deputación de Pontevedra pon fin esta fin de semana en Moraña e Mos a Cinema de Serán, o novo ciclo de cine ao ar libre para público familiar que se desenvolveu nos meses de setembro e outubro en dez concellos da provincia.
O sábado ás 21:00 horas proxectarase «Como adestrar ao teu dragón» na explanada do Multiúsos de Moraña, ou no propio Multiúsos en caso de choiva. O domingo, o ciclo desprídese con «Kung Fu Panda 4», que poderase ver ás 19:00 horas no Centro Dotacional de Torroso, en Mos.
Antes de chegar a Moraña e Mos, o ciclo Cinema de Serán percorreu durante o mes de setembro os concellos de Forcarei, Tomiño, Fornelos de Montes, Covelo, A Guarda, Poio, Cuntis e Salvaterra de Miño, coa proxección de películas como «Rondallas», «+Cuñados», «Lilo & Stich», «A Galiña Turuleca», «Kung Fu Panda 4» ou «Como adestrar ao teu dragón».
Os concellos que forman parte desta primeira edición de Cinema de Serán puideron escoller entre un pequeno catálogo que incluía filmes de produción galega ou rodados na comunidade, así como títulos de animación estreados nos últimos anos.
Con esta actividade, o obxectivo da Deputación é que o público goce dunha xornada de cine en familia e coas amizades nunha pantalla de gran formato nas prazas da súa vila ou en espazos cubertos se o tempo non acompaña, con pipas de millo gratuitas para todas as persoas asistentes.
Claves
- Sábado, 21:00 horas: «Como adestrar ao teu dragón» na explanada do Multiúsos de Moraña (ou no propio Multiúsos en caso de choiva).
- Domingo, 19:00 horas: «Kung Fu Panda 4» no Centro Dotacional de Torroso, en Mos.
- Pipas de millo gratis para todas as persoas asistentes.
Fonte: Deputación de Pontevedra