martes, 10 de marzo de 2026 | Galicia, España
ÚLTIMA HORA Michel Houellebecq, el escritor-bomba
Galego Castelán

Deamos grazas pola Sanidade que temos

Demos gracias por la Sanidad que tenemos

Opinión | Sálvese quen poida

Xornalista, cronista, coleccionista de momentos e de amizades

Instalacións do Complexo Hospitalario de Santiago (CHUS) / Xoán Álvarez

CONTENIDO PATROCINADO
Playa Privada Salado Resort

Salado Golf & Beach Resort

Descubre la oportunidad de inversión más exclusiva del Caribe. Villas de lujo con retorno garantizado del 12% anual en Punta Cana.

Conoce más →

A evidencia de Trump

Ao longo da historia, ou quizais desde o principio dela, hai verdades que pola súa evidencia non precisan demostración. A elas vén de sumarse Trump, que acumulou tantos datos que a súa maldade é un axioma, non precisa discusión, non é necesario demostrar a súa torcida natureza humana, a súa iniquidade e outros adxectivos de peor calibre.

Iso permite, de rebote, supoñer que os seus seguidores ou ben están nun franco deterioro moral coma el, ou ben lles falta información ou se o seguen é por puro interese económico ou de lacaios. Eu dubido de moitas cousas pero hai unha que me deu a certeza de estar no bo camiño, de non ter pervertido os meus principios: non coincidir con nada do que di ese farsante.

De xeito que se algunha vez acontecese, sobreviríame unha crise de valores en conceptos básicos como a soberanía dos pobos, os dereitos humanos e mil dereitos máis por el conculcados.

Reflexións sobre a Sanidade española

Hai outros temas que permiten máis dúbida porque non os podes abarcar por completo e os datos para chegar a unha conclusión real son tan diversos que debes recorrer á túa propia experiencia, aínda que non coincida coa doutros, para polo menos ter a túa verdade clara: a Sanidade española por exemplo.

Digo antes de nada que son un declarado admirador da mesma incluíndo todos os seus erros e incompetencias, como tamén debo dicir que hai 2 anos que trato e me tratan por un cancro, que non cho poden arranxar coma unha cadeira e moitas veces nin poden arranxalo.

Padezo efectos secundarios por agora non graves, con dous anos asistindo ás citas co oncólogo, atiborrando o meu corpo con chutes de cisplatino, e gemcitabina, pasando de oncoloxía a dixestivo, de dixestivo a cardio…

A experiencia persoal e a diversidade de realidades

Pero sobre todo este tempo permitiume observar a moita xente, estar desafiuzado, ver morrer ao meu compañeiro de cuarto cando toca hospital… Por iso, se me preguntan se defendo a Sanidade española direi un gran SI, sen medias tintas.

Esa é a miña verdade, que non é a mesma de quen vive nunha aldea a decenas de km de hospitais centrais, pero iso non é problema da Sanidade; non é a verdade dos que agardan meses para unha operación importante (a Sanidade non o abarca todo, porque non pode) ou a de quen cre que porque paga impostos ten dereito á vida eterna.

Á Sanidade sálvaa unha política de Estado que non a privatice e uns médicos que traballan en xornadas maratonianas inaceptables para facer fronte a media España de usuarios.

O valor da Sanidade pública

Debo dicir, eu que xa levo 50 anos achegando impostos (pregúntense quen son os que máis se queixan), que para unha enfermidade de longa duración non chegan máis que a pagar o custo sanitario dun fragmento dela.

Quedarían abraiados os nosos pais se levantasen a cabeza… Dade grazas pola Sanidade que temos aínda que falle porque é humana, non esa Sanidade que te deixa morrer na rúa noutros países como EEUU se non tedes cartos.

Por que ninguén quere que lle dean recibo cos seus gastos, que botan por terra moitas queixas? Esa é a miña verdade.

¿Buscas una Inversión Segura?

Salado Golf & Beach Resort te ofrece la oportunidad de invertir en el Caribe con rentabilidad garantizada del 12% anual

Solicitar Información Ahora

Compartir esta nova

R

Redacción

Xornalista de Galicia Universal.