O Concello de Lugo e o CD Lugo estudian diferentes vías de colaboración para achegar o fútbol aos escolares da cidade. Así se abordou nunha reunión de trabalho mantida pola alcaldesa de Lugo, Elena Candia, e o concelleiro de Xuventude, Deporte e Infancia, Damián Carballo, co presidente do CD Lugo, Ronald Pablo Baroni Ambrosi, e co vicepresidente e director xeral da entidade, Adrián Alejandro Raguza Vega.
Durante o encontro analizáronse diferentes propostas destinadas a reforzar a vinculación do CD Lugo coa cidade e a favorecer a achega da infancia ao deporte.
A primeira das iniciativas conxuntas será que nenos e nenas de Educación Primaria dos centros educativos de Lugo poidan asistir gratuitamente a determinados partidos do equipo, acompañados dunha persoa adulta, que tamén accedería de balde. O obxectivo é achegar o CD Lugo aos escolares da cidade e oferecerlles a oportunidade de vivir en directo a emoción do fútbol e de animar ao equipo que representa a Lugo.
Trátase dun momento especialmente ilusionante, co club á fronte da clasificación, e o seu traballo e os seus resultados contribúen a levar o nome da cidade máis alá das fronteiras. O Concello quere acompañar ese vínculo entre o club e a cidadanía, achegando as novas xeracións ao deporte e facendo que tamén se sintan parte del.
Durante a reunión, o club fixo entrega de camisetas personalizadas á alcaldesa e ao concelleiro de Xuventude, Deporte e Infancia. A nova foi publicada polo Gabinete de Prensa municipal na xornada do mércores, 14 de outubro de 2026.
Fonte: Concello de Lugo