lunes, 16 de marzo de 2026 | Galicia, España
ÚLTIMA HORA A gala dos Oscar 2026, en directo: Paul Thomas Anderson consegue a súa primeira estatueta
Galego Castelán

Pilar Roca, lotareira de Burela que acaba de repartir un millón de euros: "Imaxino que o agraciado é da zona"

Pilar Roca, lotareira de Burela que acaba de repartir un millón de euros: "Imaxino que o agraciado é da zona"

Este sábado non está a ser un día normal na administración de lotarías número 1 de Burela, situada na Rúa Eijo Garay, porque acaba de repartir o premio do Millón de Euromillóns.

"Estou moi contenta", recoñece a media mañá Pilar Roca, que aínda que non se aventura sobre quen pode ser o agraciado ou agraciada do premio, si asegura que debe ser da zona.

"Imagino que é da zona, non sei se de Burela exactamente pero si alguén que veña aquí mercar ou facer xestións, aínda que tamén é certo que a xente se move moito e, ao final, pode ser de calquera parte".

Un premio histórico para a administración

Por unha aposta de 2,50 euros, o gañador ou gañadora levou un millón de euros, o premio máis grande que repartiu esta administración na súa historia.

"Este é o premio máis importante que demos si, aínda que xa repartimos premios grandes no establecemento", recoñece Pilar, que lembra que levan dados dous segundos premios da Lotería Nacional, e tamén premios de distintas contías na Primitiva, na Quiniela ou no Joker como os 216.114 euros dunha Primitiva ou os 193.032 dunha Quiniela, entre outros.

O xogo e a reacción da clientela

"Neste caso, trátase dun xogo que vai unido ao Euromillóns e non se pode xogar de forma independente", matiza a lotareira.

Pilar Roca recoñece que está habendo o movemento habitual dunha mañá de sábado na administración, aínda que tamén é certo que son moitos os clientes que entran e que a felicitan polo premio repartido.

"A xente entra un pouco como todos os días", asegura, aínda que este tipo de premios sempre animan á clientela que se achega nun goteo constante e non deixa de darlle os parabéns.

O ambiente tras o premio

De feito, unha clienta achégase a selar a Primitiva asegurando animada que unha vez que toca un, poden tocar máis e non se pode desaproveitar a oportunidade.

Ademais, o premio é o tema de conversa das persoas que van entrando na administración e gardan cola para seren atendidas.

A administración de Burela repartiu ao longo do ano pasado 1.048.772 euros, un pouco máis ca o premio do venres, iso si, moito máis repartido, algo que aos lotareiros sempre lles gusta, repartir a sorte entre os seus clientes.

Compartir esta nova

C

Carmen Dorado

Periodista especializada en cultura y sociedad gallega. Colaboradora habitual en medios digitales del noroeste peninsular.