Sabores do Mundo volverá a Vigo estas próximas festas de Nadal con unha nova edición que se celebrará do 3 de decembro de 2026 ao 6 de xaneiro de 2027 na Praza do Berbés, no pleno Casco Vello, segundo anunciou a organización. O evento, que conseguiu unha gran aceptación durante a súa pasada edición de verán na cidade, prolongarase durante 35 días con entrada gratuíta.
Gastronomía internacional baixo carpa cubierta
Entre as principais novidades desta edición de Nadal destaca o formato do recinto, que contará cunha gran carpa pechada e cubierta, concebida para crear un espazo confortable protexido da chuvia, do vento e do frío. No seu interior convivirán os puestos gastronómicos con zonas de estancia, mesas e mobiliario para o público.

A gastronomía será, un ano máis, a gran protagonista. O mercado reunirá máis de 15 propostas vinculadas a países e tipos de cociña de todo o mundo, entre eles México, Arxentina, Italia, Portugal, Alemaña, Venezuela, Xapón, Brasil, Perú, Colombia ou España, o que permitirá ao visitante realizar un percorrido gastronómico internacional sen saír de Vigo.

Ambientación navideña no Casco Vello
O entorno da Praza do Berbés será tamén parte da experiencia, con unha ambientación baseada en iluminación cálida, guirnaldas, elementos vexetais e decoración natalicia, acompañada durante toda a campaña por villancicos, clásicos de Nadal e música adaptada aos diferentes momentos do día, ademais de actuacións e animación.

Máis alá do seu compoñente gastronómico e de ocio, a organización destaca que o evento mantén como obxectivo fomentar o coñecemento e o intercambio cultural, utilizando a cociña como unha forma próxima de descubrir as tradicións e costumes de diferentes lugares do mundo.

A programación desenvolverase ao longo de máis dun mes e incluirá actividades e propostas especiais en datas sinaladas. A proposta está dirixida a familias, grupos de amigos, visitantes e público de todas as idades, co fin de ofrecer novos motivos para achegarse ao Casco Vello durante as festas.