lunes, 16 de marzo de 2026 | Galicia, España
ÚLTIMA HORA Valor sentimental e F1 deixan a Sirat sen premios nos Oscar 2026
Galego Castelán

Terceira Futgal viviu unha xornada vibrante de partidos aprazados

Terceira Futgal viviu unha xornada vibrante de partidos aprazados

Os equipos de Terceira Futgal aproveitaron esta fin de semana de parón para disputar os encontros aprazados da xornada 12 debido ao temporal. No Grupo 1 só se disputou o Pol B-Roupar, mentres que no Grupo 2 xogáronse ata catro partidos.

O Pol B achégase aos postos de promoción tras vencer por 2-0 ao Roupar. O filial polense saíu ao encontro disposto a dominar de principio a fin, e así foi. Antón adiantou aos seus ao cuarto de hora cunha falta directa que se coou entre a barreira. Na segunda parte o guión foi semellante, cun Roupar replegado que buscaba sorprender á contra, pero a 10 minutos para o final Rui anotou a sentenza nun córner.

No Grupo 2, Taboada B e Rubián aprazaron o ascenso do Corgo. O filial taboadés goleou 4-0 ao O Incio no anexo da Medela. O dominio dos locais foi total durante os 90 minutos e así se reflectiu no marcador.

O Rubián tampouco quere descolgarse da loita polo ascenso directo. O cadro de Senén López venceu ao Carballedo a domicilio nun duelo cunha sinopse moi semellante á do Taboada B-O Incio. O Rubián fíxose co control do partido, mentres que o Carballedo, pechado atrás, buscaba sorprender nalgún contraataque. Gandoy foi o home do partido cun hat-trick que lle permite aos seus seguir soñando co ascenso de categoría.

O duelo da xornada protagonizárono Piringalla e Río Sil, sexto contra sétimo e cun posto de promoción en xogo. Antes de comezar a xornada era o Río Sil quen ocupaba esa zona de privilexio e a Piringalla quen se atopaba ao acecho. O conxunto capitalino contaba neste enfrontamento coa vantaxe de xogar na casa. Soubo sacar proveito diso na primeira parte para irse ao descanso dominando por 2-0 grazas aos tantos de Samuel e Cristóbal.

O técnico visitante, Cristóbal Pérez, axustou o equipo no descanso e isto tivo o seu premio, xa que aos seis minutos de reanudarse o encontro o Rubián xa devolvera as táboas ao marcador. Pero, pensando que xa tiñan todo o traballo feito, relaxáronse e a Piringalla aproveitouno para poñerse de novo por diante no minuto 71 grazas a un golazo de falta directa de Vidal. O marcador non se moveu e a Piringalla logrou arrebatarlle o posto de play-off de ascenso ao Río Sil.

O Quiroga–Relámpago Taboada deixou un festival de goles e un punto para cada equipo (3-3). O conxunto taboadés xa celebraba os tres puntos, pois vencía 1-3 e o tempo regulamentario estaba cumprido. O Quiroga non se rendeu e tirou de épica, anotando dous tantos na prolongación e rescatando un empate que pode ser clave na loita polo ascenso.

Compartir esta nova

M

Miguel Ángel Vázquez

Redactor especializado en economía y empresas. Cubre la actualidad económica de Galicia y España para Galicia Universal.