A Cofradía da Misericordia‑Gremio de Mareantes de Cangas acaba de lanzar a súa publicación anual correspondente ao 2026, unha obra que recolle a memoria das actividades do ano pasado e adiantá o calendario de celebracións para a próxima Semana Santa.


Os exemplares da tradicional «Libro de Irmán», unha edición de arredor de 200 páxinas, xa se poden recoller en varios puntos da vila. Os martes e venres pola mañá estarán dispoñibles no posto instalado na rúa Eugenio Sequeiros, mentres que os domingos poderán adquirirse de 11:30 a 13:30 horas nas inmediacións da igrexa excolegiata de Cangas. Tamén se podrán retirar pola tarde na Casa de Novenas durante os días laborais.
A publicación ten como obxectivo dar a coñecer a actividade desenvolvida pola cofradía ao longo de 2025, ao tempo que pon en valor o patrimonio, a tradición e a vida relixiosa da localidade. O volume está amplamente ilustrado con fotografías dos arquivos de José María Pérez Santoro, Borja Brun, Lolo Meiga, David Martínez, Andrés J. Rodríguez, Ana Martínez e Olalla Bernárdez García, que documentan procesións, actos litúrxicos e diferentes actividades culturais e sociais.
Un repaso polas celebracións de 2025
Entre os contidos destaca un amplo reportaxe gráfico sobre as celebracións e eventos nos que participaron os membros da cofradía durante o último ano. Prestase especial atención a festividades como a Candelaria, San Xosé, Corpus Christi, a Virxe do Carmen, San Xoán Evangélista ou a Sagrada Familia, ademais dos actos propios da Semana Santa, como as procesións da Santa Ceia e do Santo Encontro, a función do Desenclavo, o Velatorio do Corpo Santo ou a tradicional Hora Nona.
O libro tamén recolle outros momentos destacados do calendario cofrade, como a exposición «Cerviño na Semana Santa de Cangas», celebrada o pasado mes de agosto; a popular «Sardiñada de verán» do mes do Carmen; a visita á Semana Santa de Ferrol; ou a presentación do libro «Semana Santa de Cangas I: Figuras» do investigador Borja Brun.
Programación da Semana Santa 2026
Ademais da memoria anual, a publicación inclúe a programación completa de actos relixiosos previstos para 2026, con especial protagonismo nas celebracións pascais e nas festividades dos patronos da cofradía, San Xosé e a Virxe do Carmen. Os lectores poderán consultar nas súas páxinas o calendario detallado de cultos, procesións e celebracións previstas para a próxima Semana Santa.
O volume ábrese cun saúdo do actual párroco baixo o título «Semana Santa: tempo de graza e conversión». Tamén incorpora os textos dos pregóns pronunciados por Agarimo Fandiño Lorenzo en 2019, «A Semana Santa de Cangas: unha celebración arraigada en todo un pobo», e pola irmá María Teresa Gestal o pasado ano, «A Semana Santa de Cangas e a Compañía de María».
Investigación e colaboracións
Entre as colaboracións destacan os artigos de Xesús Casás Otero, coa segunda parte de «O culto cristián e a devoción de veneración ás imaxes cristiás II», e a investigación de Xulio González Montañés sobre «Cerimónias do desencravo e Cristos articulados en Galicia II». A publicación profundiza ademais na figura do escultor Ignacio Cerviño, a través dun estudo de Anxo Coia Otero que analiza o papel do seu pai e mentor, o mestre canteiro Antonio Cerviño Couceiro, así como o contexto histórico dos canteiros en Galicia.
A obra conclúe cun recordo emotivo para os cofrades falecidos durante o último ano, representados simbolicamente na figura coñecida como «Victoró», e con varios poemas de Amable Santos dedicados ao Santo Enteiro e á Traizón de Xudas.
Desde a Cofradía da Misericordia‑Gremio de Mareantes de Cangas agradecen a boa acollida que cada ano recibe esta publicación, que consideran unha ferramenta fundamental para manter viva a memoria colectiva e difundir a tradición cofrade da vila.
Os exemplares poderán ser adquiridos polos cofrades mediante o pago da cuota correspondente, así como por calquera persoa interesada. O importe destínase exclusivamente a sufragar os custos de edición dun libro impreso en papel estucado de alta calidade, con acabado brillante. Para solicitar información ou adquirir exemplares, a cofradía habilitou o correo electrónico: misericordiagremiodemareantes@gmail.com.
Pódete interesar: