A Deputación de Pontevedra organizou unha xornada de convivencia e homenaxe ao movemento veciñal de As Neves dentro do programa +Convivir deste 2026. As actividades desenvolveron no CEIP Marquesa do Pazo da Mercé da localidade e congregaron a 300 persoas da vila.
O deputado provincial Pablo Castillo participou na xornada, que forma parte da terceira edición do programa, que está a percorrer a xeografía provincial. Castillo definiu +Convivir como unha tarde de convivencia, aprendizaxe e diversión coa que agradecer o compromiso e a implicación veciñal para dinamizar a vida social e cultural de As Neves.
Segundo a Deputación, o programa vai na liña de recuperación do contacto co tecido asociativo da provincia xunto a iniciativas como Provincia Comunitaria, +Aqua ou +Novaqua.
Formación e lecer na xornada
A sesión lúdica incluíu tamén actividades formativas: unha charla sobre alzhéimer a cargo de AFAGA, un curso de nutrición impartido por Manuel Viso e unha actividade de bailes de salón con Bregoán Pérez. A xornada completouse con música a cargo dun DJ e un refrixerio para as persoas asistentes.
A terceira edición de +Convivir arrancou o pasado fin de semana en Cangas de Morrazo e, tras pasar xa por Poio e As Neves, continuará este 2026 en Marín, Rodeiro, Ponteareas, A Estrada, Meaño, Vilaboa, Salvaterra de Miño e Valga.
Nas dúas edicións anteriores desta iniciativa, destinada a poñer en valor o compromiso do goberno provincial co tecido asociativo e veciñal, participaron un total de máis de 10.000 persoas.
Fonte: Deputación de Pontevedra