miércoles, 15 de abril de 2026 | Galicia, España
ÚLTIMA HORA O reto da educación pública galega: infraestruturas e comedores no centro do debate
Galego Castelán

AXENDA 📆 Este sábado en Lugo

AXENDA 📆 Este sábado en Lugo

10.00h. Arrinca a última xornada de Funtastik No Limits, un parque multiaventura que ofrece, entre outras actividades, circuitos inchables, zonas de salto e aventura ou retos de habilidade e coordinación. Pazo de Feiras.

11.00 e 12.30h. O Vello Cárcere acolle dúas novas citas con contacontos para público infantil, nas que se presenta a historia ‘A miña lingua, a túa lingua’. O aforo é limitado e pídese inscrición previa.

12.00h. María Lires imparte o obradoiro de ilustración ‘Rosalía de Castro’, dirixido a nenos de 6 a 12 anos. Biblioteca Nodal. As prazas son limitadas e precísase inscrición previa.

12.00h. O colectivo A Hedreira organiza no seu local, en Catasol, 17, unha xornada sobre ‘Vivenda e convivencia alternativa’.

12.30h. O festival Lupercais arrinca cunha homenaxe a Luis Pimentel diante da estatua adicada ao poeta na Praza Maior. Os actos do festival de poesía continuarán, en O Vello Cárcere, ás 18.00 horas, con intervencións de Manuel Vázquez, Almudena Otero Villena, Jorge Teixeira e Simón Rodríguez. Ás 19.30 horas participarán Xosé Miranda, Marcos Canteli e Helena Salgueiro. A xornada pecharase cunha proposta performativa de Lola Nieto.

19.00h. Charla sobre o proceso de regularización extraordinaria de inmigrantes, que organiza o Concello e que impartirá Waldir Sinisterra. Salón de actos da Deputación.

19.15h. O Pazo dos Deportes acolle o encontro Durán Maquinaria Ensino-Gran Canaria, da Liga Feminina Endesa.

20.00h. A Banda Filarmónica de Lugo ofrece un concerto con Pablo Marqués como director convidado. Círculo das Artes.

22.30h. Teté Delgado e Julio Pereira protagonizan a obra ‘Entre dous’, que se presenta no club Clavicémbalo.

17.00h. Proxección de ‘A rebelión da lectura’. Centro sociocultural.

[FOTO: Imaxe relacionada co desenvolvemento dos acontecementos]

O contexto dos feitos

18.30h. O polifacético artista Xurxo Souto chega coa súa obra ‘A novela do bravú’, na que fai un percorrido polos inicios do movemento. Casa museo Manuel María.

14.00h. Comida de confraternidade en honra do que foi director do centro sociocomunitario da localidade durante catro décadas. Restaurante Montero.

21.30h. Espectáculo de maxia para socios do Centro Cultural e Recreativo.

20.30h. Carlos Gómez Osa interpreta cancións con nome de muller nun recital organizado polo Iescha dentro dos actos de homenaxe a Rosalía de Castro. Acompáñano Lois Cuba, Rosana Domínguez e o minicoro da Esmuvi. Auditorio municipal.

12.00h. O Concello nomeará como fillo adoptivo ao exalcalde begontés José Antonio Vázquez García e como fillo predilecto a Jesús Domínguz Guizán, párroco e promotor do belén electrónico. Casa da cultura.

18.00h a 21.00h. Castiñeiro Milenario organiza un obradoiro de regueifa pola tarde e, pola noite, foliada con Lambe Lambe, Treitoría e Foliadeir@s do Castro. Centro sociocultural.

20.00h. Laboratorio Escénico estrea ‘Monte’, o seu novo espectáculo de danza contemporánea e música en directo, para todos os públicos. Auditorio municipal Cine Alovi.

11.30h. Charla informativa organizada por SLG e Adega. Local do Darío de Gontán.

19.00h. Acto para presentar o libro ‘O San Cosme da Montaña’ no que intervirán o alcalde, José María López Rancaño; o bispo mindoniense, Fernando García Cadiñanos; e os coautores da obra, Andrés García Doural e Alberto Vigo García.

12.30h. Presentación das actividades do programa Adral da Semana Santa de Viveiro e do cartel anunciador desta festa relixiosa declarada de interese turístico internacional. Concello.

[FOTO: Fotografía do lugar mencionado na noticia]

Axenda cultural

20.30h. Representación de ‘O proceso sainete sobre o proceso a Curros Enríquez por Aires da Mi

Compartir esta nova

S

Sofía Martínez

Periodista gallega especializada en información local y política. Licenciada en Periodismo por la USC. Redactora jefe de Galicia Universal.

Únete a la conversación

Regístrate gratis con tu email para comentar en las noticias. Tu opinión importa.

🇪🇸 Castellano