jueves, 30 de julio de 2026 | Galicia, España
ÚLTIMA HORA Aguiño: un prato de comida, o detonante dunha traxedia anunciada
Galego Castelán

Viveiro organizará este ano a Feira das Maulas en Galdo

Viveiro organizará este ano a Feira das Maulas en Galdo

O Concello de Viveiro asume este ano a organización da Feira das Maulas, que se vén celebrando desde hai máis de 300 anos na parroquia de Galdo, tradicionalmente o segundo domingo de maio. Faino tras o anuncio dos organizadores do ano pasado, a asociación Cabaleiros do Landro, de que nesta ocasión lles era inviable facelo.

O Concello toma as rendas «coa vontade de garantir a continuidade dunha celebración de fonda tradición popular no municipio, que é considerada unha das máis antigas da súa tipoloxía en Galicia e un referente na Mariña».

A alcaldesa, Mariña Gueimunde, sinala que esta feira «é unha das celebracións máis antigas e singulares das nosas parroquias e o Concello ten a responsabilidade de implicarse para garantir que siga formando parte do calendario festivo e tradicional de Viveiro. Falamos dunha cita con valor histórico, social e tamén de identidade, que merece continuar e seguir sendo un punto de encontro para a veciñanza e para todas as persoas que cada ano se achegan a Galdo».

Nas próximas semanas darán a coñecer o programa desta cita, que adoita incluír mercado de gando á primeira hora, carreiras e sesión vermú. Tamén explicarán a proxección da feira «dentro e fóra do municipio».
 

Compartir esta nova

S

Sofía Martínez

Periodista gallega especializada en información local y política. Licenciada en Periodismo por la USC. Redactora jefe de Galicia Universal.

Deja tu comentario

Tu email no será publicado. Los comentarios se revisan antes de aparecer.

🇪🇸 Castellano