Novo radar fixo na VG-20. / Marta G. Brea
A DGT activou 33 novos radares en once comunidades autónomas, entre elas Galicia. O anuncio reabre un vello debate: a velocidade como factor de risco e a sensación de vixilancia permanente en unhas estradas que combinan tráfico denso, climatoloxía adversa e trazados complexos.
Novos puntos de control en Galicia
En Galicia haberá dous novos puntos de control. Un na N‑550, ao altura do quilómetro 15+730 C, en Carral (A Coruña).
Non é un tramo calquera: trátase dunha das vías máis transitadas, eixo vertebrador entre núcleos urbanos e cun historial de sinistros que preocupa a Tráfico.
O outro instalarase na VG‑20, en Pontevedra, no punto quilométrico 10+280 D da circunvalación, nun tramo de baixada posterior ao enlace coa AG‑57 e xusto antes do viaduto de O Porto, en dirección ao hospital Álvaro Cunqueiro.
Limitacións de velocidade e obras
O dispositivo está situado nun punto que agora mesmo está limitado a 70 quilómetros por hora e que pronto entrará en obras, cunha limitación a 60 km/h.
Neste intre, desde a AG-57, a velocidade vai descendendo sucesivamente nun tramo en baixada con forte pendente: 120 km/h, 100 km/h e 80 km/h, ata chegar aos citados 70 km/h.
Antes de que se detectasen os problemas estruturais do viaduto de O Porto, por esa zona circulábase a 120 km/h.
Plan de radares e comunidades afectadas
Galicia, coa súa orografía sinuosa, as súas rectas enganadoras e unha meteoroloxía cambiante, foi tradicionalmente un territorio onde os radares non só controlan, senón que condicionan a forma de conducir.
Os 33 novos dispositivos forman parte do plan de 122 puntos de control previstos para 2025. Destes, 106 xa están operativos e o despregamento completarase ao longo deste ano.
Entre os recén activados figuran 20 radares fixos —como os da N‑550 e a VG‑20— e 13 radares de tramo, que calculan a velocidade media e convertéronse na ferramenta preferida de Tráfico para zonas de risco continuado.
As comunidades afectadas inclúen Andalucía, Aragón, Asturias, Canarias, Cantabria, Castela-A Mancha, Castela e León, Comunidade Valenciana, Madrid, Galicia e Murcia.
Impacto e percepción social
Durante os primeiros 30 días, os condutores detectados por exceso de velocidade recibirán unha carta informativa, sen multa. A partir de aí, comezará o réxime sancionador habitual.
A DGT insiste en que o obxectivo non é recadar, senón reducir sinistros mortais e feridos graves. E é que, destacan desde o departamento que dirixe Pere Naarro, a velocidade inadecuada está presente no 24% dos accidentes mortais.
En 2024 rexistráronse 307 sinistros mortais nos que este factor foi determinante e dende a implantación do primeiro plan de radares en 2005, as vítimas mortais reducíronse un 75%.
Na comunidade galega, a relación cos radares é ambivalente. Por unha banda, existe unha conciencia clara do risco: estradas secundarias, tráfico pesado, choiva frecuente e desprazamentos diarios entre núcleos urbanos moi próximos.
Por outra banda, persiste a sensación de que Galicia é un dos territorios onde máis se controla a velocidade, especialmente en vías convencionais.
Os novos radares que comezan a operar nas ca
Únete a la conversación
Regístrate gratis con tu email para comentar en las noticias. Tu opinión importa.