A residencia de maiores de Palas de Rei celebra o seu quinto aniversario coas prazas completas e con lista de agarda.
Con motivo deste aniversario, o alcalde do municipio, Pablo Taboada, visitou este venres as instalacións acompañado pola concelleira de Servizos Sociais, Alba Villasante, e outras autoridades.
Celebración do aniversario
Entre as actividades houbo animación musical, un menú especial e visualizouse un vídeo realizado polo persoal e polos usuarios con motivo da efeméride.
Prazas e ocupación
Actualmente, o centro conta con 46 prazas, todas cubertas, 20 das cales son de réxime público e 26 son privadas, ademais dunha lista de agarda.
O centro conta cun total de 46 prazas, todas cubertas, 20 das cales son públicas e 26 son privadas
Procedencia dos usuarios
En canto á procedencia dos usuarios «supera o 60% da comarca da Ulloa e o resto, nas 20 prazas públicas, veñen de diferentes puntos de Galicia«, tal e como destaca a súa directora, Mónica Pardo.
A procedencia dos usuarios «supera o 60% da comarca da Ulloa», segundo asegura a súa directora, Mónica Pardo
Balance e relevancia do centro
Marcos Vázquez, un dos promotores desta iniciativa en Palas de Rei, fai un balance positivo destes cinco anos de vida do centro.
Destaca que «iniciaron este proxecto con ilusión de coidar ás persoas maiores e estámolo levando a cabo moi contentos, tanto a nivel de usuarios como de traballadores».
Este complexo residencial, único na comarca de A Ulloa, declarado polo Concello Proxecto de Especial Interese, supuxo un investimento de 1.250.000 euros da iniciativa privada local que está a xerar unha vintena de postos de traballo directo no núcleo palense.
Únete a la conversación
Regístrate gratis con tu email para comentar en las noticias. Tu opinión importa.