viernes, 23 de octubre de 2026 | Galicia, España
ÚLTIMA HORA O Concello de Ourense cede a Cáritas tres vivendas sociais para familias vulnerábeis
Galego Castelán

A Xunta destaca en Edugal o valor do salón para impulsar o emprendemento educativo

A Xunta destaca en Edugal o valor do salón para impulsar o emprendemento educativo

A secretaria xeral de Emprego e Relacións Laborais, Susana Pérez Iglesias, xunto coa directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Vázquez Guzmán, participou este 23 de outubro de 2026 en Pontevedra nunha charla relacionada co emprendemento na escola e a economía social na educación, no marco do 15º Salón de educación e formación de Galicia, Edugal.

Na súa intervención, Pérez Iglesias destacou a importancia de citas como esta para impulsar iniciativas emprendedoras do ámbito educativo e o intercambio de ideas e sinerxias neste campo.

A secretaria xeral referiuse tamén ao concurso Eduemprende Idea 2026, unha iniciativa autonómica que promove a creación de proxectos empresariais no ámbito escolar. Esta mesma semana, o Diario Oficial de Galicia publicou a resolución dos seis proxectos emprendedores premiados no certame.

A charla é unha das actividades organizadas no expositor da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración en Edugal. Nese mesmo espazo celébrase ademais un obradoiro de serigrafía sobre téxtil, realizado coa colaboración da Fundación Artesanía de Galicia e impartido por María José Martínez e José María Carrera, de Peixesapop.

A cita, que conclúe hoxe, conta cunha presenza destacada da Xunta de Galicia a través de espazos relacionados con distintas áreas.

Edugal forma parte de Galicia Educa, o calendario de 16 feiras que impulsa a Xunta por todo o territorio para achegar ao alumnado a oferta educativa, información e recursos para decidir o seu futuro académico e profesional.

Fonte: Xunta de Galicia

Compartir esta nova

R

Redacción Galicia Universal

La redacción de Galicia Universal elabora los contenidos del medio con herramientas de automatización bajo supervisión y responsabilidad editorial. Cómo trabajamos: /politica-editorial/

🇪🇸 Castellano