jueves, 30 de abril de 2026 | Galicia, España
ÚLTIMA HORA Benvido a Galicia Universal — A túa fonte de novas de Galicia
Galego Castelán

Os Mestre Mateo prepáranse en Lugo: casa audiovisual galega

Os Mestre Mateo prepáranse en Lugo: casa audiovisual galega

A alfombra gris dos premios Mestre Mateo despregouse este venres en Lugo para acoller o encontro cos finalistas e entregar os galardóns especiais desta 24ª edición. Algunhas das caras máis recoñecidas do audiovisual galego estiveron presentes, nun adianto do que se vivirá o próximo 21 de marzo no auditorio Fuxan os Ventos.

“Benvidos a Lugo”. Con esta frase tan significativa comezou a súa intervención a presidenta da Academia Galega do Audiovisual, Lucía Veiga, quen aproveitou para destacar o “pracer” de celebrar o encontro no Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL), un espazo que combina “vangarda, arquitectura e paisaxe”, en consonancia co gran momento que está a vivir o audiovisual galego.

“En Galicia temos un audiovisual aberto, valente e competitivo. Moi capaz de contar historias que nos representan”, asegurou Lucía Veiga, presidenta da Academia Galega do Audiovisual.

A actriz coruñesa subliñou o “talento e paixón” que sosteñen o sector, e lembrou que a produción deste ano demostra que Galicia conta cunha industria creativa “aberta, valente e competitiva”, capaz de contar historias que nos representen dentro e fóra da comunidade. Tamén agradeceu o traballo dos creadores, das produtoras e dos equipos técnicos e artísticos, e felicitou aos finalistas por contribuíren a construír o futuro da profesión.

“Hoxe estamos aquí grazas ao esforzo colectivo de todas e todos nós”, dixo, antes de dar paso ás autoridades que tomaron a palabra durante o acto: Jacobo Sutil, director de Agadic; Iria Castro, deputada de Cultura, Patrimonio e Normalización Lingüística; e Maite Ferreiro, concelleira de Cultura.

Todos eles coincidiron en destacar o “orgullo” de que Lugo sexa sede dos galardóns por primeira vez en case un cuarto de século, subliñando o valor do sector como motor cultural e económico e agradecendo o traballo da Academia Galega do Audiovisual na organización dos premios. Ao mesmo tempo, convidaron os asistentes a descubrir a cidade, a súa gastronomía, o patrimonio e a hospitalidade dos seus veciños.

A provincia luguesa tamén foi reivindicada como berce e referente do talento audiovisual. Non en van, é a “casa” de Dhogs, a película máis premiada na historia dos Mestre Mateo, dirixida polo meirego Andrés Goteira; do naviego Oliver Laxe, para quen houbo palabras de recordo e agarimo tras o éxito de Sirāt, convertida a pasada semana nunha das grandes triunfadoras dos Goya e primeira película galega nomeada aos Oscar; ou da vilalbesa Margarita Ledo.

A continuación, a vicepresidenta da Academia Galega do Audiovisual, a barallesa Carmen Méndez, conduciu o momento de entrega dos premios especiais. O primeiro foi o Abanca ao impulso da sostibilidade, que recibiu a serie de debuxos Bibopalula por integrar “de forma coherente, creativa e responsable” os valores da sostibilidade tanto na súa proposta narrativa como na súa vocación pedagóxica.

O segundo foi o premio Deleite á promoción da lingua, que recaeu na serie web Pipo polo seu labor na creación de contidos audiovisuais que achegan o galego ás novas xeracións dun xeito “natural, creativo e próximo”. Creada por Andrés Mahía e dirixida por Laura Mahía, a serie conta a historia de Berta, unha nena de seis anos que atopa no patio da casa a Pipo, un pequeno extraterrestre que cae do ceo e que decide agochar no seu cuarto.

O Martín Códax Rías Baixas, Fillo do Atlántico, recaeu no filme As liñas descontinuas —que acumula 11 candidaturas nos Mestre Mateo, ao igual que Sirāt— pola súa “sensibilidade e capacidade de proxectar unha Galicia auténtica e contemporánea”, na que a música ocupa un papel esencial. Dirixido pola directora pontevedresa Anxos Fazáns e protagonizado por Mara Sánchez e Adam Prieto, narra o encontro inesperado entre Bea, unha muller de 50 anos, e Denís, un rapaz trans de 28, que transforma as súas vidas.

“Grazas ao público por premiar o filme Antes de Nós. Se á xente lle gusta, iso adoita significar que hai

Compartir esta nova

C

Carmen Dorado

Periodista especializada en cultura y sociedad gallega. Colaboradora habitual en medios digitales del noroeste peninsular.

Únete a la conversación

Regístrate gratis con tu email para comentar en las noticias. Tu opinión importa.

🇪🇸 Castellano