A declaración do alumnado de A Pedra no 8-M: «As voces do futuro» / Gonzalo Núñez
Mañá é 8 de marzo e conmemórase o Día Internacional da Muller. Pero os actos de celebración xa comezaron este venres en Bueu e Moaña e O Morrazo estivo representado no acto de homenaxe celebrado na Subdelegación do Goberno en Pontevedra, para recoñecer o traballo dos Centros de Información ás Mulleres (CIM) da provincia.
Cando o reloxo do Concello de Bueu daba as doce do mediodía xa facía un intre que diante do consistorio se concentraban escolares de A Pedra e do Virxe Milagrosa, persoal da plantilla municipal e veciños en xeral para acudir á apertura dos actos do 8-M no municipio. Foi a través dunha declaración conmemorativa elaborada e lida polo alumnado de 6º de Primaria do colexio de A Pedra. «Pode que alguén pense que aínda somos pequenos, pero temos algo moi grande: temos soños, ideas e temos dereito a un futuro xusto», proclamaron a través dun texto coral baixo o título de «As voces do futuro». Un futuro que aseguraban que «empeza hoxe». Un futuro que esixen que veña cos mesmos dereitos para homes e mulleres, que todas as persoas sexan tratadas por igual.
Un futuro non só con dereitos, tamén con compromisos. «Nós comprometémonos a facer un mundo mellor e tratar ben e respectar a todas as persoas; nós comprometémonos a loitar polos dereitos da muller; nós comprometémonos a respectar a todas as mulleres, sen importar o seu físico, a súa personalidade nin a que se adiquen; nós comprometémonos a respectar os gustos e a maneira de vestir de cada persoa», expresaron. Uns dereitos e uns compromisos que se poden resumir en «un mundo onde ser nena non marque límites, senón posibilidades; un mundo onde todas as persoas teñan as mesmas oportunidades, o mesmo respecto e a mesma liberdade». Unhas voces do futuro que dixeron ben alto e claro que «non somos só o futuro: somos o presente que aprende, que pensa e que actúa».
A lectura da declaración do colexio de A Pedra contou coa presenza de representantes de todos os partidos políticos da corporación de Bueu e antes de comezar o alcalde, Félix Juncal, interveu para recalcar que “temos unha xeración de mozos e mozas que vai interiorizando eses valores tan importantes das persoas, o que non está exento de desafíos, xa que cada vez que damos un paso para adiante parece que tamén retrocedemos”.
Homenaxe da Subdelegación do Goberno aos CIM / SGP
Quen non puido estar nesta ocasión neste acto foi a directora do CIM de Bueu, Montserrat González. Ela é tamén a presidenta da asociación que reúne ás profesionais destes centros en Galicia, Asocim, e foi a encargada de recoller á mesma hora o recoñecemento brindado en Pontevedra pola Subdelegación do Goberno. Nun acto no que o subdelegado, Abel Losada, condenou os «bombardeos testosterónicos e feminicidas» que asolan «este mundo cobarde», un discurso que incluíu un rotundo «non á guerra!». Pola súa banda, Montserrat González alertou de que «enfrentámonos a novos tipos de violencia: no seu día foi a psicolóxica, despois a vicaria e agora xurde con forza a ciberviolencia».
A exposición de bordado tradicional, no Concello Vello de Moaña. / Gonzalo Núñez
A directora do CIM de Bueu e presidenta de Asocim concluíu cun sentido e emotivo agradecemento. «Este premio pertence a cada técnica, a cada asesora e, sobre todo, a cada muller que cruzou as nosas portas buscando apoio e encontrou unha man tendida», afirmou.
A xornada de onte aínda incluíu unha cita máis en Bueu: a novena edición do Homenaxe Bueuesa Senlleira, que impulsa o Club Golfiños. Nesta ocasión o recoñecemento recaeu en Eva Bastón Graña, nado en 1981, natural do lugar de Xexide e actualmente asentada en Barcelona. Desde Golfiños destacan o seu traballo orientado á recuperación de variedades antigas de
Únete a la conversación
Regístrate gratis con tu email para comentar en las noticias. Tu opinión importa.