A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou 19 acordos na súa sesión ordinaria celebrada o 18 de setembro de 2026 na sala de plenos. Na área de Licenzas, concedéronse autorizacións para a ampliación dunha vivenda unifamiliar no Camiño do Curro (Os Viros), a rehabilitación dun edificio na rúa Ribeira de Canedo e a adaptación a garaxe dun baixo na rúa Nuño de Ousende. Ademais, estimouse unha solicitude de declaración de innecesariedade de licenza urbanística de segregación de parcela na rúa Fonte dos Canos.
En materia de Patrimonio, o Concello declarou desistido a un particular respecto a unha reclamación de responsabilidade patrimonial e acordou requirir á aseguradora para que indemnice ao Concello polos danos causados por un vehículo nun sinalamento na rúa Pena Redonda.
En Contratación, aprobouse o expediente para a contratación do subministro de combustible en lotes para o Concello e estimouse parcialmente unha reclamación relativa ao contrato de limpeza de centros educativos, por actualización a prezos de mercado.
En Xestión económica e orzamentaria, aprobouse unha relación de facturas correspondentes a gastos realizados no exercicio 2025 que non puideron seguir a tramitación ordinaria para a súa aprobación no exercicio vixente.
En Educación, nomeouse ao representante do Concello nos consellos escolares de tres escolas infantís e aprobaronse as bases reguladoras do Certamen Escolar de Debuxo “Todos/as á San Martiño-Veolia” 2026.
En Avogacía consistorial, douse conta dun auto dictado polo Tribunal de Instancia, Sección do Contencioso-Administrativo, Praza número 2 de Ourense, e informouse de que o Concello foi emplazado para comparecer ante os tribunais de instancia da sección do Contencioso-Administrativo, prazas número 1 e 2 de Ourense, en 4 procedementos (3 abreviados e 1 ordinario).
Fonte: Concello de Ourense