O Comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova denunciou públicamente que, durante a rodaxe dunha serie para Netflix, persoal dunha produtora «comezou a borrar» unha pintada histórica realizada por membros das Mocidades Galeguistas -entre eles, Celso Emilio Ferreiro e Pepe Velo– en 1933.
Esta pintada figura na fachada do mosteiro e anunciaba o lanzamento do ‘Adiante Semanario’ hai case un século. Tras o ocorrido, unha das súas palabras quedou emborronada no que o colectivo entende como un «atentado contra o patrimonio histórico» e que o alcalde, Antonio Puga, tamén condenou.
O incidente durante a rodaxe
«Cara ás oito da mañá deste venres, membros do equipo de rodaxe comezaron a borrar a pintada empregando un pano e un líquido, afectando á palabra ‘Semanario’. Ao parecer, molestáballes como fondo dunha escena», explicou o colectivo de memoria o venres nas súas redes sociais.
Segundo o seu relato, un veciño da praza viu o que acontecía e saíu da súa casa para alertar ao equipo. Apuntaron que, ao principio, non o deixaron achegarse ao lugar, polo que tivo que alzar a voz.
A continuación, presentáronse os responsables da rodaxe, aos que tivo que convencer para que detivesen a acción.
Reaccións e peticións de restauración
O Comité recordou que, durante anos, advertiu da necesidade dunha «protexción eficaz» da pintada e lamentou «como o abandono institucional e a falta de coñecemento levaron a unha agresión severa» contra ela.
Por iso, pedíron unha «reacción contundente» ao Concello e á Consellería de Cultura e que os responsables asuman os custes da súa restauración.
A reacción do ente municipal produciuse o propio venres, cun comunicado asinad o polo seu alcalde, no que amosaba a súa «enérxica condena» polo «deterioro causado» a este símbolo que «forma parte da memoria e do patrimonio inmaterial».
Pola súa banda, asegurou que esixiría aos responsables unha «intervención urxente».
Oito mozos identificados por pintadas en Culleredo
A Policía Local de Culleredo localizou a un grupo de oito mozos como presuntos autores de pintadas no interior dos Muíños de Acea de Ama, aos que supostamente accederon forzando a entrada.
Tal e como trasladou o Concello de Culleredo nunha nota de prensa, os feitos ocorreron o pasado luns pola tarde, dentro da campaña de control e vixilancia que exercen os axentes sobre os bens patrimoniais municipais.
Á súa chegada aos Muíños de Acea de Ama, a patrulla sorprendeu de entrada a catro mozos, menores de idade, xunto con sprays de pintura, rotuladores permanentes, tabaco, utensilios para vapear e bebidas alcohólicas de alta graduación.
Dentro da edificación, cuxa entrada estaba forzada, observaron numerosas pintadas con diferentes sinaturas. Ademais, un dos mozos «tiña manchas de pintura na man e na cara».
Durante a intervención, chegaron outros catro mozos máis, tamén menores de idade. Un deles portaba unha mochila con outras catro latas de pintura e outra levaba unha caixa de tabaco «asinada de forma similar a unha das pintadas atopadas nas paredes».
A Policía Local identificou aos oito presuntos responsables e deu aviso aos seus pais. Aínda que inicialmente negaron os feitos, pouco a pouco «foron ofrecendo diferentes graos de colaboración cos axentes».
Con todo, as actuacións foron trasladadas á Garda Civil para que poida dar conta á Fiscalía de Menores.
Únete a la conversación
Regístrate gratis con tu email para comentar en las noticias. Tu opinión importa.