viernes, 17 de abril de 2026 | Galicia, España
ÚLTIMA HORA Un exconcelleiro, clave na querela que salpica ao alcalde de Ourense
Galego Castelán

Golpes sobre a mesa nun festín de goles na Primeira Futgal

Golpes sobre a mesa nun festín de goles na Primeira Futgal

Non hai tregua na Primeira Futgal. As batallas polo ascenso e o descenso présentanse a cara de can no treito decisivo da tempada.

Comezamos pola zona alta. Un dobrete de Chiki permitiu ao Residencia regresar á senda da vitoria. Nun encontro de poder a poder e con escasas ocasións; o capitán branquiazul impuxo a súa lei, con sendos tantos ao final de cada parte. Deste xeito, o cadro de Rafa Casanova acaba cunha racha de tres xornadas sen gañar.

Un Ribadeo moi superior mantén a terceira praza despois de golear ao Oural. O equipo de Jorge González aguantou as acometidas mariñás pouco máis dunha media hora. Roi Campos desfixo a igualdade e deixoulle o protagonismo a Iñaki, que cunha parada espectacular conservaba o 1-0 ao descanso. Na reanudación, Mario marcou nada máis saír dos vestiarios e encamiñou un triunfo no que Castrín tamén deixou a súa pegada.

O Atlético Escairón pon a mirada no play-off tras golear a domicilio ao Foz (0-4). Ambos conxuntos xeneraron perigo nunha primeira parte moi igualada que se resolveu cun gol de Noureddine sobre a bocina. Ese tanto fixo mella nos focenses, que no segundo tempo non lograron recompoñerse. Alí, un Escairón letal pechou o triunfo con tres tantos máis.

Omar Gómez (Atlético Escairón): «Matamos o partido na segunda parte con tres goles en transicións tras roubo»

O mesmo resultado, 0-4, rexistrouse no enésimo derbi da Ulloa entre Taboada e Monterroso. A expulsión do taboadés Adrián antes dos dez minutos de xogo facilitou a tarefa dos de Fernando Sánchez. Héctor brillou con luz propia e liderou a victoria monterrosina cun hat-trick en A Medela.

Fernando Sánchez (Monterroso): «O crecemento individual e colectivo do equipo está a ser brutal nestas dúas tempadas»

Na zona baixa, o Xove Lago encadeou o seu terceiro triunfo ante un rival directo na loita pola permanencia. O Chantada Atlético viveu unha tarde para esquecer e viu-se superado en todo momento tanto en ganas como en intensidade. Dous goles en cada unha das partes envían aos de O Sangoñedo a postos de descenso mentres que permiten aos de Rubén Sanjurjo ‘Piru’ respirar aire fresco na clasificación moitas semanas despois.

Rubén Sanjurjo ‘Piru’ (Xove Lago): «Estes xogadores do Xove Lago merecen un monumento por todo o que están a facer»

O Iberia logrou tres puntos tan fundamentais como insuficientes para abandonar o descenso cos resultados rexistrados nesta xornada. O equipo de Moro remontou un partido completamente tolo en Castro e no que ambos conxuntos sufriron por momentos nas dúas áreas. O cadro de Dumi desperdiciou unha vantaxe de 2-0 na primeira metade ante un Iberia que nunca se rendeu. Marcos Pernas rubricou un dobrete e Iván García levou o triunfo para San Miguel de Reinante desde os once metros. A expulsión do local Muiña na segunda metade condicionou en exceso a un Castro cheo de baixas.

Ademais, o Brollón encaixou unha clara derrota na súa visita á A Peroxa. O equipo de José Manuel Rodríguez non deu opción algunha ao conxunto de Os Medos nun partido marcado pola sinalización dun penalti moi rigoroso por man. O cadro de Chura tivo algunha tímida opción para empatar posteriormente, sen sorte ningunha. E o A Peroxa acabou goleando.

O Lourenzá deixou os tres puntos en Santa Cruz tras gañar por un gol a unha combativa Milagrosa. Un solitario tanto de Yago, nunha falta lateral mediada a primeira metade, decidiu un duelo con moita intensidade e poucas ocasións de gol.

O Outeiro de Rei remontou en casa ante un Racing Villalbés B que se fixo forte nas segundas xogadas no acto inicial. Navia empatou antes do descanso. E Ily asinou o 2-1 definitivo nunha segunda metade na que os pupilos de Fernando Corredoira foron moito máis verticais e incisivos.

Por último, o líder segue co seu. O Chantada sumou tres novos punto

Compartir esta nova

M

Miguel Ángel Vázquez

Redactor especializado en economía y empresas. Cubre la actualidad económica de Galicia y España para Galicia Universal.

Únete a la conversación

Regístrate gratis con tu email para comentar en las noticias. Tu opinión importa.

🇪🇸 Castellano