A folga dos médicos de atención primaria en Galicia, convocada polo sindicato O’Mega, provocou a suspensión de máis de 5.519 consultas este luns 2 de marzo, segundo os datos facilitados pola Consellería de Sanidade.
O seguimento do paro indefinido alcanzou este martes no turno da mañá un 6,05% entre os facultativos galegos, con notable disparidade entre as diferentes áreas sanitarias da comunidade autónoma.
A mobilización, que forma parte dun paro indefinido convocado por O’Mega, tivo un impacto desigual nas sete áreas sanitarias galegas.
Os datos proporcionados polo departamento sanitario reflicten que a maior participación rexistrouse na área de Vigo, onde o seguimento alcanzou o 10,47%; seguida da de Ferrol co 7,81%.
Mentres que outras áreas como a de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos e Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, rexistraron os porcentaxes máis baixos cun 1,79% e 1,78% respectivamente.
Como consecuencia directa desta xornada de folga, suspenderonse 5.519 consultas de atención primaria en toda a comunidade galega durante o luns 2 de marzo, afectando a miles de pacientes que tiñan citas programadas.
O análise detallado do seguimento da folga por áreas sanitarias amosa diferenzas significativas na participación dos facultativos. Na área de Santiago de Compostela e Barbanza, o porcentaje de seguimento alcanzou o 6,92%, situándose lixeiramente por encima da media autonómica, igual que na área de A Coruña e Cee, onde o seguimento foi do 6,47%, mentres que en Pontevedra e O Salnés situouse no 4,85%.
Ante esta situación, a Consellería de Sanidade instou publicamente ao sindicato O’Mega a sumarse ao acordo maioritario sobre atención primaria acadado con outras organizacións sindicais.
O obxectivo, segundo fontes do departamento sanitario, é «evitarlles a pacientes e profesionais os efectos dunha folga indefinida» que pode prolongarse no tempo e afectar gravemente a prestación de servizos sanitarios.
Desde a consellería lembran que o departamento sanitario realizou o pasado venres 27 de abril «un gran esforzo negociador» co sindicato convocante da folga indefinida co obxectivo de acadar a desconvocatoria do paro. Con todo, segundo a versión oficial, as negociacións non fructificaron debido á postura mantida polos representantes de O’Mega.
«A postura adoptada polo sindicato convocante, que rexeitou a desconvocatoria cautelar da folga, impediu chegar a un acordo para evitar un paro prexudicial para os pacientes e os profesionais da sanidade pública», remarcan dende o departamento sanitario galego.
Únete a la conversación
Regístrate gratis con tu email para comentar en las noticias. Tu opinión importa.