jueves, 30 de abril de 2026 | Galicia, España
ÚLTIMA HORA Benvido a Galicia Universal — A túa fonte de novas de Galicia
Galego Castelán

79-67. O Ensino quere e non pode ante o Jairis

79-67. O Ensino quere e non pode ante o Jairis

O Durán Maquinaria Ensino cedeu ante o Hozono Jairis (79-67) nun encontro no que o conxunto murciano sempre estivo por diante no marcador. O cadro lucense ameazou con engancharse en varias ocasións, pero nunca puido dar o paso e, co paso dos minutos, perdeu ideas e capacidade no ataque.

Inicio dominante do Jairis

O partido comezou cun Jairis moi forte (12-4, m.3) e Bertsch causando moito dano na zona ante un Ensino que resistía grazas ao acerto de Lydia Giomi (8 puntos). As lucenses sufriron tamén no xogo exterior, pero os axustes en defensa permitíronlles igualar o duelo (21-18).

Problemas defensivos e vantaxe ao descanso

No segundo cuarto, o conxunto que adestra Suso Garrido chegou a nivelar o marcador, pero a continuación encaixou un parcial de 8-0 (31-23). Volvían os problemas en defensa e seguían no ataque.

Ademais, Lydia Giomi cometeu a terceira falta, algo que tamén condicionaría o xogo na segunda metade. Con Ayuso na dirección, o Jairis puxo a directa para chegar aos vestiarios cunha vantaxe importante (46-35).

O Ensino acusa a falta de acerto

Nesa primeira metade, o Ensino notou a falta de acerto de xogadoras como Flórez, Haidara ou Tate ante un rival coa dupla Ayuso-Berstch a facer moito dano.

Un terceiro cuarto sen reacción

O terceiro cuarto mostrou a dous conxuntos que estiveron realmente fallóns neses primeiros minutos, moi precipitados e sen achega desde fóra. O mellor para o Ensino era que, dentro dos erros, o Jairis non se ía no marcador (50-42).

Dende aí ata o final do terceiro cuarto, as locais estiraron por enésima vez no marcador e o Ensino non remataba de tomarlle o pulso ao encontro (58-44).

Nos minutos finais do choque, todo foi un querer e non poder por parte do Ensino, que non tivo acerto, salvo momentos puntuais de Imani Tate e Haidara; pero xa coa Giomi bastante condicionada en defensa e sen o acerto do primeiro cuarto.

O partido ía acabando e niso as últimas posibilidades para un Ensino que onte quería e estivo a remolque desde os primeiros minutos. As lucenses estiveron ben no rebote, pero intermitentes no ataque nun duelo tamén moi físico, quizais demasiado.

Compartir esta nova

M

Miguel Ángel Vázquez

Redactor especializado en economía y empresas. Cubre la actualidad económica de Galicia y España para Galicia Universal.

Únete a la conversación

Regístrate gratis con tu email para comentar en las noticias. Tu opinión importa.

🇪🇸 Castellano