Despois de tres probas fóra pola súa lesión no ombro dereito, Jorge Prado regresa á terra do AMA Supercross estadounidense para probar o seu estado de forma na ronda 9 de Indianápolis. A presenza do lucense no Lucas Oil Stadium foi confirmada pola súa escudería, KTM.
«Afortunadamente temos podido mellorar bastante nos últimos días e por fin xa podo respirar con normalidade. Non quero deixar pasar a oportunidade de rodar no maior número de probas e acumular experiencia esta tempada, así que vémonos este finde en Indianápolis», indicou Jorge Prado nas súas redes sociais.
Deste xeito, Prado retorna á competición norteamericana despois de que se lesionase na calificación da ronda 6, celebrada en Seattle e na que xa non tomou a saída na carreira.
A pesar de que as probas ás que foi sometido non revelaron unha doenza grave, o lucense non puido estar presente tampouco nas competicións de Arlington nin na de Daytona Beach.
Agora volve para seguir dando pasos adiante no seu segundo ano no AMA Supercross, onde comezara con boas sensacións tras conseguir un podio na primeira carreira do ano e varias actuacións destacables.
Prado comezará a proba ás 19.20 horas coa sesión de calificación. As tres mangas celebrarásense, na madrugada do sábado ao domingo, ás 1.30 horas a primeira, ás 2.33 horas a segunda e ás 3.36 a terceira e última.
Únete a la conversación
Regístrate gratis con tu email para comentar en las noticias. Tu opinión importa.