You are here

O Roque de Cerponzóns

O MAL DE OLLO ( Cerponzons, 1000 anos de historia).

O Roque de Cerponzóns

Cousas da parroquia de Cerponzons e miñas

https://roquecerponzons.files.wordpress.com/2019/02/img_0305.jpg?w=900

O MAL DE OLLO ( Cerponzons, 1000 anos de historia)

On 24 Febreiro, 2019 By roquecerponzonsen De Curandeiros , remedios caseiros para curar males.

O MAL DE OLLO

Outras das supersticiones que máis calado tiveron entre as nosas xentes é o Mal de Ollo, coñécese por este nome a todas aquelas enfermidades en que pode afectar a unha persoa ou a un animal.

O Mal de Ollo afecta a calquera idade, tanto aos máis novos, como aos máis vellos e é transmitida por unha persoa que ten un poder na súa mirada.

Xa en tempos moi afastados, os gregos á palabra ” baskaino” relacionábana co significado de fascinar, de enfeitizar coa mirada e os romanos usaban a palabra ” fascinatio”, de fascinación, queda así plasmado que esta enfermidade é moi coñecida desde moi antigo.

Tamén o Mal de Ollo coñécese por “Mal de Envexa”, ” Mala de Ollada”,” Malas Vistas”, Ollada”, “Malos Ollos”….etc.

E de sempre falábase que a persoa que facía o Mal de Ollo era porque tivera un pacto co demo, por iso é polo que as mulleres que transmitían este Mal llas tiñan como bruxas, e aos homes como feiticeiros.

Tamén se dicía que quen tiña a propiedade de transmitir esta enfermidade puidese nacer xa con ela, ou ben o foron adquirindo ao longo da súa vida. Moitas destas persoas que tiñan ese poder sabían del, que podían facer dano coa súa mirada, outras o causaban sen querer, porque descoñecían que tivesen esa propiedade. Pero este poder que tiñan algunhas persoas ía máis aló de transmitilo a un humano, o seu poder podía mesmo facer dano a un obxecto, a un animal, a un árbore etc.

Moitas destas persoas, que sabían da súa mirada daniña, evitaban mirar de fronte , usaban lentes para non causar dano, pola contra, non cabe dúbida que aquelas que querían causalo saían á rúa en busca da persoa á cal quixese maleficiar. Claro que tamén había maneiras de evitar recibir o Mal de Ollo, para iso botábase man de moitos obxectos talismán, por exemplo o levar un allo colgado do pescozo, uns cornos de bacaloura, colgar na casa unha ferradura de cabalo, levar nun peto unha castaña de indias, ou ben medallas, cruces etc.

Aos animais, por exemplo aos porcos cando os levaban á feira para vender, e sabendo que tiñan que pasar por lugares onde habitaban xentes co poder do Mal de Ollo, untaban con allo ao porco para evitar que lle transmitise o mal.

Recordo dun feito ocorrido fai máis de corenta anos, celebrábase un acontecemento na parroquia, unha veciña tiña supostamente un poder coa súa mirada, fora convidada o acto e ao pouco tempo un dos comensais comezou a sangrarlle o nariz, pero unha barbaridade, ela o momento douse de conta, a súa poder era tal que se foi a desculpar ao momento, quería evitalo, pero ás veces éralle imposible, aínda así a moita xente dicíallo e pedíalle desculpas.

Pero se o mal xa estaba botado entón había tamén remedios para curar ese Mal, nese momento una serie tratamentos daban lugar a realizar nos enfermos para tratar de curalos…

Potas, palanganas, auga bendita, cinza, follas de plantas, cruces , medallas, oracións, durante nove días , lavando ao enfermo de pes a cabeza…..en cada lugar, en cada parroquia tiñan o seu remedio para sanar

Couso Galán
Adolfo Dominguez
Blusens
Astilleros Barreras

Lo último en los blogs

Una de las vacunas chinas probada en humanos es segura y genera respuesta inmune.Se ha probado en 108 adultos y ofrece resultados...
Seguro que al cerrar un libro alguna vez has pensado en lo maravilloso que sería poder viajar al mundo en el que transcurre la historia. En...

Lo último en los foros

No es un secreto que Galicia cuenta con vinos: blancos y tintos de los cuales algunos de ellos pueden ser considerados de los mejores del...
Se inicia este "Foro" en relación al proyecto "Galicia Universal", para que todo aquel que se identifique con el mismo, pueda emitir su...