You are here

Abadín presume de grelo de calidade.

A decimoquinta edición da feira dedicada a este manxar rexistrou moi boas vendas e congregou a numeroso público en Gontán

Abadín presume de grelo de calidade.

EL PROGRESO - Redacción Lugo 23 febrero 2020 13:27 h. Abadín Gontán Expogrelo

Un dos postos da feira. C.P.

Un dos postos da feira. C.P.

A decimoquinta edición da feira dedicada a este manxar rexistrou moi boas vendas e congregou a numeroso público en Gontán

"Nunca tanto vendín, e xa me encargaron máis dos que teño aquí", aseguraba onte Argimiro Val, de Corvite, un dos 15 produtores presentes na decimoquinta edición de Expogrelo en Abadín, celebrada no recinto feiral de Gontán.

"Vendinos todos", dicía Maribel Galdo, da parroquia de Baroncelle, ante unha mesa baleira na que apenas unhas horas antes colocaba con esmero cen madas, a mesma cantidade que a maioría dos presentes, que se comercializaban ao prezo fixado de 1,5 euros.

"Este ano a xente comprou moito", indicaba tamén, incidindo en que está a ser un "ano malo"para a produción dun dos ingredientes por excelencia nestas datas. "Hai moitos anos que ando neles, pero tan malo coma este, ningún", dicía a súa veciña Marina Cendán que lamentaba a pouca cantidade, compensada en parte pola calidade da colleita. "Son bos", matizaba, tamén contenta co interese do público polo produto estrela da feira..

"Nestes últimos días apareceron, pero antes non había nada", confirma tamén Aniceto Seijo, de Corvite, un veterano que non se perdeu nin unha edición dunha feira que "tivo algún baixón, pero vai recuperando". "Este ano hai moito movemento e vendeuse moito", di sobre unha xornada que estivo acompañada polo sol.

"O día axuda, coma onte para apañar os grelos", puntualizaba Argimiro, recordando as inclemencias metereolóxicas de algún ano previo que dificultaban aínda máis unha tarefa totalmente manual.

Para facer aínda máis se cabe atractivos os grelos, os produtores podían decorar os seus respectivos postos e optar así a algún dos tres premios outorgados polo Concello de Abadín, organizador da feira. Marisol Grandío, de Romariz, recibía de mans do conselleiro de Industria, Francisco Conde, a recompensa que a acreditaba como gañadora.

A prata foi para o cofre do tesouro de Esther Cruña, de Moncelos, un galardón que lle entragaba a subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, mentres que o delegado da Xunta, José Manuel Balseiro, facía o propio co terceiro clasificado, Aniceto Seijo. Ademais, todos os produtores recibiron unha gratificación de mans das autoridades presentes, entre as que se atopaba Andrés de la Fuente, presidente da IXP Grelos de Galicia, pola súa participación na feira.

O XV Expogrelo contou ademais cunha novidade culinaria, pois por primeira vez os asistentes puideron degustar, no canto do tradicional caldo, un cocido preparado por San Briz da Pontenova, que esgotou rapidamente as 300 racións previstas. Uns 40 postos de artesanía e gastronomía, diversos feirantes e a animación de Mekanika Rolling Band completaron o programa da cita abadinesa.

Couso Galán
Adolfo Dominguez
Blusens
Astilleros Barreras

Lo último en los blogs

Seguro que al cerrar un libro alguna vez has pensado en lo maravilloso que sería poder viajar al mundo en el que transcurre la historia. En...
Galicia es un lugar que puede llevar a cualquier viajero al paraíso de un momento a otro. Desde la monumental Santiago de Compostela hasta...

Lo último en los foros

No es un secreto que Galicia cuenta con vinos: blancos y tintos de los cuales algunos de ellos pueden ser considerados de los mejores del...
Se inicia este "Foro" en relación al proyecto "Galicia Universal", para que todo aquel que se identifique con el mismo, pueda emitir su...