You are here

O 5G chegará a España da man da empresa galega Primux.

Froito dun acordo con Microsoft, vai sacar ao mercado un novo portátil que incorpora tecnoloxía de última xeración.

EL CORREO - Domingo 23.02.2020 Actualizado 20:57

O 5G chegará a España da man da empresa galega Primux.

Froito dun acordo con Microsoft, vai sacar ao mercado un novo portátil que incorpora tecnoloxía de última xeración.

 

SANTIAGO. V.L.  | 20.02.2020 

Primux é unha empresa tecnolóxica galega centrada no desenvolvemento de ordenadores, portátiles, tablets, smartphones, cámaras e accesorios diversos. Está situada no Parque Tecnolóxico de Galicia -Tecnópole-. Vai introducir no noso país a nova tecnoloxía móbil 5G.

A firma, que segue a apostar polo desenvolvemento tecnolóxico, presentará nos vindeiros meses o Primux ioxbook 1305G, con procesador Qualcomm Snapdragon 8CX. O ioxbook 1305G é un portátil revelador e eficaz, cun deseño ultrafino, do que Primux ofrecerá dúas versións ao mercado: 4G e 5G. O proxecto parte dunha colaboración con Qualcomm e Microsoft, converténdose así na primeira empresa española en asinar un acordo desta índole coa recoñecida compañía estadounidense de telecomunicacións.

As virtudes deste novo ordenador serán o deleite de todos aqueles que queiran un ordenador portátil elegante e ultrafino, dotado da tecnoloxía máis avanzada: procesador Snapdragon 8CX de gran desempeño e eficiencia, unha batería case inmortal con máis de 20 horas de vida, unidade de procesamento gráfico Qualcomm, xunto a outras grandes posibilidades.

Estaremos conectados a todo, todo o día, e no menor tiempo posible

Desde a empresa destacan que “o 5G aumentará a velocidade de conexión, reducirá ao mínimo a latencia e multiplicará exponencialmente o número de dispositivos conectados. Estaremos conectados a todo, todo o día, e no menor tiempo posible”.

“O 5G permitirá navegar ata a dez gigabytes por segundo, dez veces más rápido que as principais ofertas de fibra óptica do mercado. A ese ritmo poderase, por exemplo, descargar unha película completa en cuestión de segundos” -indican-. Aseguran que “o que hasta hai pouco nos parecía imposible será, grazas a Primux, unha realidade moito máis cercana no noso mercado co ioxbook 1305G na súa versión máis futurista”.

Prevese que a implantación da rede móbil de quinta xeración chegará ao noso país no segundo semestre do ano, instaurando as bases dunha nova comunicación ao alcance de todos. O seu despregue suporá unha auténtica revolución tecnolóxica.

Couso Galán
Adolfo Dominguez
Blusens
Astilleros Barreras

Lo último en los blogs

Seguro que al cerrar un libro alguna vez has pensado en lo maravilloso que sería poder viajar al mundo en el que transcurre la historia. En...
Galicia es un lugar que puede llevar a cualquier viajero al paraíso de un momento a otro. Desde la monumental Santiago de Compostela hasta...

Lo último en los foros

No es un secreto que Galicia cuenta con vinos: blancos y tintos de los cuales algunos de ellos pueden ser considerados de los mejores del...
Se inicia este "Foro" en relación al proyecto "Galicia Universal", para que todo aquel que se identifique con el mismo, pueda emitir su...