You are here

"A sentenza de Meirás consegue facer chegar aos Franco que xa non temos medo".

Goretti Sanmartín, ex vicepresidenta da Deputación da Coruña, participará o vindeiro 11 de setembro nas II Xornadas de Memoria Históica que acollerá o Pazo da Cultura de Pontevedra.-

Ex vicepresidenta da Deputación da Coruña

Goretti Sanmartín: "A sentenza de Meirás consegue facer chegar aos Franco que xa non temos medo".

Participará nas II Xornadas de Memoria Histórica que se celebran no Pazo da Cultura.

Carolina Sertal Pontevedra 07.09.2020 | 02:16

Goretti Sanmartín.

 

Goretti Sanmartín. // Víctor EchaveFoi unha das principais impulsoras da Xunta pro Devolución do Pazo de Meirás e confesábase moi emocionada tras coñecer a sentenza emitida pola xuíza a semana pasada pola cal os Franco deben proceder á súa devolución. Goretti Sanmartín, ex vicepresidenta da Deputación da Coruña, participará o vindeiro 11 de setembro nas II Xornadas de Memoria Históica que acollerá o Pazo da Cultura de Pontevedra.-

Como reaccionou ao coñecer que a resolución da xuíza dictaba que o Pazo de Meirás é propiedade do Estado? Que supón para vostede?-Supón unha gran alegría.Unha gran alegría por todo o traballo e implicación da Deputación, dos investigadores, das institucións e das asociacións. Ver que todos xuntos logramos que exista unha sentenza deste tipo é emocionante. A sensación é de que por fin se fai xustiza. Nós sabiamos cando iniciamos este proceso que era complicado, pero o feito de que houbese unha investigación tan rigorosa como a de Carlos Babío e Manuel Pérez supuxo dispoñer dun material magnífico para elaborar un informe histórico e posteriormente xurídico que marcara as liñas que a sentenza ditamina. Nese informe abórdase a compravenda simulada do 41 e como en realidade funcionaba como residencia oficial de Franco, tal e como sinalaba Xabier Ferreira no informe xurídico. Por suposto, foi fundamental a aparición do documento de compravenda previo do ano 38, porque con el, o proceso estaba gañado: o informe era tan rigoroso, firme e serio; as evidencias, tan claras, que non cabía discusión. Por fin podemos ver que realmente si que se consegue algo se traballan de maneiracoordinada todas as partes e as institucións poñendo medios e recursos. Sen dúbida foi un día moi emocionante para todo demócrata, porque alguna vez tiñamos que poder dar este salto. Este non é o primeiro xuízo sobre cuestións derivadas do franquismo, pero si o primeiro no que se ten en conta o contexto histórico; e é demoledor. Supón a reparación necesaria das vítimas, pero non só dos asasinados, presos e exiliados, senón tamén das outras vítimas se cada máis esquecidas, as que tiveron que traballar forzosamente para o réxime, as que foron expropiadas e obrigadas a realizar esa doazón.

 

-Podemos dicir que estamos ante unha sentenza histórica no que respecta á condea do franquismo?

-Si. E sen dúbida fai que todas as persoas que vimos loitando pola xustiza por memoria histórica, ao igual que acontece noutras sentezas por violencia machista, por exemplo, sexamos conscientes de que é imposible tendo en conta a estrutura do sistema xudicial, de onde proveñen historicamente, que podemos obviar o contexto histórico, bélico e de expolio no que aconteceu a expropiación do Pazo. Non sempre se pode representar á Xustiza como unha muller que leva unha venda nos ollos que non mira máis nada que os feitos; aquí, a Xustiza saca esa venda e analiza que é o que estaba acontecendo naquel momento. É un paso importantísimo contra as prebendas do franquismo e que demostra como moitas administracións seguiron amparando todo o que tiña que ver co réxime, pois non rematou unha vez desaparecido Franco, senón que seguiu habendo gardas que coidaban o Pazo. Para dar con isto fai falla unha revisión histórica. Esta sentenza é histórica pola resposta simbólica da xente a un caso de expolio franquista e sen dúbida nos dá folgos para continuar na loita.

-Todo apunta a que a familia Franco recorrerá a resolución xudicial. Toca agardar...

-Toca esperar, si. Pero eu estou convencida de que a sentenza vai rematar sendo firme. Hai moita xente ansiosa que quere que a devolución sexa mañá mesmo, pero isto é un proceso longo. Van recorrela e irá á Audiencia, mesmo podería rematar no Supremo. Hai por diante unha longa traxectoria xudicial, pero ante a solidez tan grande que hai no informe presentado e na resolución xudicial, finalmente vai ser firme. É un paso de xigante e co paso do tempo imos ver o Pazo sendo público. Ao meu modo de ver, para acabar o proceso, tras a recuperación por parte do Estado, o ideal sería executar a transferencia para Galicia. Sería unha achega factible.

Couso Galán
Adolfo Dominguez
Blusens
Astilleros Barreras

Lo último en los blogs

Una de las vacunas chinas probada en humanos es segura y genera respuesta inmune.Se ha probado en 108 adultos y ofrece resultados...
Seguro que al cerrar un libro alguna vez has pensado en lo maravilloso que sería poder viajar al mundo en el que transcurre la historia. En...

Lo último en los foros

No es un secreto que Galicia cuenta con vinos: blancos y tintos de los cuales algunos de ellos pueden ser considerados de los mejores del...
Se inicia este "Foro" en relación al proyecto "Galicia Universal", para que todo aquel que se identifique con el mismo, pueda emitir su...