You are here

Fernando BARROSO

Guitarrista, músico, multi-instrumentista, compositor de Ferrol

O guitarrista galego Fernando Barroso presenta disco en solitario

Intropía, con 17 temas propios, é o primeiro traballo do músico de Ferrol

Barroso, multi-instrumentista de corda pulsada, compositor e produtor, lanza un álbum de autor con máis de 30 instrumentos distintos, dende bouzouki, a mandolina ou cavaquinhos

"Intropía é o resultado de algunas vivencias, historias e viaxes, que veñen acompañadas tamén dunha viaxe interior", explica o músico

 

O músico galego Fernando Barroso lanza ao mercado o seu primeiro traballo en solitario, un álbum con 17 temas propios que presenta unha nova sonoridade no ámbito do folk sinfónico. A 'ópera prima' de Barroso leva o nome de Intropía, concepto co que o músico, compositor e produtor de Ferrol describe experiencias e vivencias persoais e no que tamén expresa unha evolución interna, "ante a necesidade de ordenar ideas nun momento no que todo avanza moi de présa", segundo o autor. Este disco abre unha porta para a carreira en solitario do músico.

"Intropía é unha forma de definir ese caos interno que ás veces nos pode complicar a vida e que ás veces pode ser marabilloso", describe Fernando Barroso (Ferrol, 1979). Entropía Cero, Tranquila, Driving Vigo night, Dama do Castro, Namorados no andén, Resistencia, Lisboa 9 p.m., Pulsación ou Petit déjeuner, son algúns dos temas que Barroso inclúe neste primeiro traballo, gravado entre xaneiro e marzo deste ano nos Estudios do Cuarto Baleiro (Salceda de Caselas), Bastavaliños, Tui, Lisboa, Bandeira, Moaña, Gandarío e Sant Boi de Llobregat.

Guitarrista vocacional, Barroso é multi-instrumentista de corda pulsada e neste disco, con predominio de corda e percusión, toca guitarras (eléctrica, acústica, clásica ou portuguesa, de Lisboa), cavaquinho portugués, mandola, mandolina, bouzouki irlandés, baixo, teclados ou piano,  voz e percusións.

"Apetecíame achegarme a Ferrolterra para contar todas estas historias que tiña na cabeza, como símbolo da volta ás orixes", conta Barroso, que destaca a súa faceta nesta primeira obra de "intentar facer falar aos instrumentos", e expresar a través das melodías.

No primeiro disco en solitario do músico galego, resultado dun ano e medio de reflexión, composición e produción, soan tamén adufes, pandeiretas, tixolas, batería, violíns, gaitas, trompetas, acordeóns, cello, low whistle, arpa céltica, bombo, bendhir, tambor ou djembé, ademais de voces. Colaboran en Intropía intérpretes e instrumentistas do nivel de Xabier Díaz, Isaac Palacín, Xosé Manuel Budiño, Ramón Dopico, Begoña Riobó, Anais Barbier, Pedro Fariñas, Manuel Paíno, Ana Isabel Días, Pablo Dalama, Alfonso Merino, Óscar Fernández, Miguel de Dios, Margarida Mariño, Beatriz Martínez ou os gaiteiros dos 90' da Coruña (José Catoira, Brais Maceiras e Antonio Prado).

O novo disco do músico ferrolá, un traballo de autor que creará unha nova atmosfera musical coa combinación melódica de máis de 30 instrumentos distintos, foi mesturado entre o propio Barroso e Tomás Ageitos e masterizado por Dr. Chou.

Traxectoria de Fernando Barroso (Ferrol, 1979)

O artista galego Barroso forma parte de bandas como Riobó, Budiño e TRIM e ten colaborado con músicos como Anxo Lorenzo, Xabier Díaz e Julio Pereira. Foi parte da banda "paratradicional" ferrolá Os Cempés.

Cos músicos como Eoghan Neff e Luis Peixoto fundou o trío internacional Assembly Point. Con Peixoto, músico portugués, tamén coproduciu traballos como POP, no ano 2013, ou TRIM, en 2014.

Barroso é doctorado en Química-Fisica pola Universidade de Vigo no ano 2010 e dende 2011 dedícase á produción musical e á participación en varios proxectos do panorama musical galego, con numerosas actuacións tanto no ámbito nacional coma en países de Europa, África e América.

 

E-mail: comunicacion@fernando-barroso.com

MÁIS INFORMACIÓN EN:

http://fernando-barroso.com

https://www.facebook.com/FernandoBarroso

https://www.twitter.com/ferbarrosomusic

https://instagram/nando.barroso




Couso Galán
Adolfo Dominguez
Blusens
Astilleros Barreras

Lo último en los blogs

Una de las vacunas chinas probada en humanos es segura y genera respuesta inmune.Se ha probado en 108 adultos y ofrece resultados...
Seguro que al cerrar un libro alguna vez has pensado en lo maravilloso que sería poder viajar al mundo en el que transcurre la historia. En...

Lo último en los foros

No es un secreto que Galicia cuenta con vinos: blancos y tintos de los cuales algunos de ellos pueden ser considerados de los mejores del...
Se inicia este "Foro" en relación al proyecto "Galicia Universal", para que todo aquel que se identifique con el mismo, pueda emitir su...