You are here

Manuel Rivas | Escritor “Vivimos nun estado de ignorancia manipulado”.

“É inaceptable que a ensinanza concertada sexa un eufemismo da privada pagada por todos nós”, critica o xornalista e escritor.

 

Manuel Rivas | Escritor
“Vivimos nun estado de ignorancia manipulado”.

“É inaceptable que a ensinanza concertada sexa un eufemismo da privada pagada por todos nós”, critica o xornalista e escritor

Manuel Rivas, nunha foto de arquivo.   | // LUISMA MURIASManuel Rivas, nunha foto de arquivo. | // LUISMA MURIAS

Mar Mato  - FdV - Vigo | 05·12·20 | 05:50 | Actualizado a las 19:17

Asegura o escritor Manuel Rivas no seu último ensaio, “Zona a defender” (Xerais) que “é hora de liberar as palabras para limpar o medo” e que “ós científicos con alma só os escoitan as árbores”. A súa reflexión discursiva convida a que pensemos, a que paremos a sopesar, se este presente que construímos é realmente o que merecemos como individuo e colectividade para o hoxe e para o mañá.

–Vostede sinala no libro que estamos ante a fin dunha época.

–Esa fin de época, esa crise global, non é só unha crise sanitaria. Non me centro na pandemia porque trátase dun colapso maior, que ten que ver coa nosa relación coa natureza, co noso xeito de vida. Esta fin da mundo é algo que abrangue máis alá da pandemia, é unha realidade tráxica pero metáfora de moitas outras cousas.

–E lanza un may-day.

–Penso que xa estabamos en estado de emerxencia climático, ecolóxico, o tren xa descarrilara antes inda que hai moita xente, moitos poderes, que cren que non. Vivimos nun capitalismo impaciente, nun estado de sobreexplotación que ata agora xustificábase polos seus voceiros dicindo que podía ser inxusto pero eficaz. Era o mantra dos seus gurús, pero realmente vemos como se incrementa a desigualdade; e tamén se demostrou que é ineficaz. O colapso da vida, do planeta, non é unha hipótese apocalíptica senón que estamos nese proxecto, hai zonas asolagadas, hai crise do propio fogar, realmente están caendo as trabes do ceo.

–Vostede propón xirar cara a austeridade. De verdade pensa que a cidadanía virará cara esa coordenada por desexo propio?

–A alternativa dunha austeridade para pór fin a esta depredación acelerada; é algo que xa se asume mentalmente. Outra cousa é que a locomotora non free. Penso que cada vez hai máis xente no mundo consciente deste rumbo suicida. Hai que pensar na austeridade, hai que crear unha nova linguaxe porque hai palabras que asustan. Hai que buscar novas palabras, novas formas de abundancia en lugar de austeridade hai que pensar en que xa non habería esa acumulación e sobrexplotación de recursos. Hai que valora-lo que é imprescindible; poñer nun primeiro plano a dignidade das persoas; iso pasa por un reparto máis xusto.

–Cada vez hai máis xente con dificultades para alimentarse, quece-lo fogar, ter un fogar...

–Os primeiros a defender son os máis vulnerables.Agora, pos a radio e empezan con anuncios de alarmas domiciliarias, parece que están asaltando o mundo cando realmente hai menos denuncias de allanamientos (sic) porque aquí confúndense ocupación con allanamiento (violación de morada). Chámase ocupa a todo o mundo. O okupa buscaba un lugar abandoado para recuperalo e facer actividades, tiña un sentido positivo. A área con maior calidade de vida en Europa é o barrio de Christiania en Copenague. Era un barrio abandoado con barracóns militares que foron ocupados por xente nova. Agora é unha zona a defender extraordinaria.Aquí vivimos, nalgúns aspectos, nun estado de ignorancia manipulado. Aquí, o medo utilízase como mercaduría fronte ó que debería funcionar. Deberiamos estar buscando unha nova linguaxe. En vez de estado de alarma, falariamos de estado de solidariedade.

–Que opina da Lei Celaá?

–Cada vez que se intentou dar un paso, avanzar, facer un ensino público máis forte, acorde cos tempos, xorden moitas resistencias. Vénme a idea da confrontación permanente como na Guerra Fría cando hai cousas imprescindibles dende o punto de vista da comunidade. Esta sería a lei que faría a Institución Libre de Enseñanza, representada en Galicia polo Seminario de Estudos Galegos. A Institución Libre era o principal inimigo do franquismo. Franco odiábaa. Hai resistencia paleolítica a cousas que son evidentes. Din que se quere acabar coa liberdade de ensino; realmente, é unha afirmación propia do pensamento bruto. Liberty ten diferenzas con freedom. Liberty é facer o que che peta e freedom é a liberdade solidaria, non é a liberdade que reclama o latifundista para ter servos ou do tipo que vai pola autoestrada en sentido contrario defendendo a súa liberdade para non respetar os dereitos dos demais.

–Como ve as manifestacións que houbo contra ela?

–Hai unha perrencha inxusta contra a Lei Celaá.Non se quere con esta lei que desapareza a liberdade para ir á ensinanza concertada. O que non pode ser é que se o estado financia iso, que eses centros non asuman as responsabilidades semellantes ás da ensinanza pública como ter diversidade de alumnado. É inaceptable que a ensinanza concertada sexa un eufemismo da ensinanza privada, do negocio privado financiado por todos nós.

–É a lingua galega un vagalume a piques de extinguirse?

–Estamos nun momento en que pode recuperarse. Podemos plantexa-la súa utilidade ou non. Canta xente chegamos ata hoxe manténdoa viva en situacións máis adversas cá de hoxe!? A lingua é un recurso económico importante para o país, quen couta o seu desenvolvemento son traidores ó seu país. A lingua hebrea era unha lingua que se daba por perdida pero salvárona porque quixeron salvala. Foi unha decisión do pobo.

–E se en Galicia a súa xente realmente non quere salvala? Hai persoas que din preferir que os seus fillos teñan máis aulas de inglés ou matemáticas ca de galego.

–Entre os dereitos humanos, non figura o dereito á ignorancia.

–Vexo difícil cambia-lo mundo.

–O mundo enteiro é unha zona a defender. Hai outra historia do mundo, esmágannos moito coa historia de que as cousas son como son. A historia non é realmente así, ten moitas caídas, moita dor, inxustiza, cantidade de veces a xente foi capaz de erguerse. Na propia Galicia poderiamos facer un calendario de victorias, en vez dun calendario de derrotas. A forza da xente fixo que cousas non saíran adiante, como a central nuclear que xa estaba aprobada para Xove e que finalmente non se fixo.

“As librarías son zonas a defender”

– “Que me queres amor?” cumpre 25 anos e Galaxia reedítao.

–Foi un libro ó que lle pasaron tantas cousas. Non podemos celebrar eses 25 anos da forma tan festeira como queriamos pero hai que festexare. O futuro pasa polas librarías, zonas a defender.

Couso Galán
Adolfo Dominguez
Blusens
Astilleros Barreras

Lo último en los blogs

Una de las vacunas chinas probada en humanos es segura y genera respuesta inmune.Se ha probado en 108 adultos y ofrece resultados...
Seguro que al cerrar un libro alguna vez has pensado en lo maravilloso que sería poder viajar al mundo en el que transcurre la historia. En...

Lo último en los foros

No es un secreto que Galicia cuenta con vinos: blancos y tintos de los cuales algunos de ellos pueden ser considerados de los mejores del...
Se inicia este "Foro" en relación al proyecto "Galicia Universal", para que todo aquel que se identifique con el mismo, pueda emitir su...