
Consulta o programa do Entroido 2020 en San Pedro da Mezquita.
photo_cameraDesfile dos Galos da Mezquita. (FOTO: ÓSCAR PINAL)
Redacción – LA REGION - 10/feb./20
A Mezquita prepárase para vivir unha das datas máis arraigadas na localidade, na que os Galos serán os auténticos protagonistas
Coa inminente chegada do Entroido, os concellos ourensáns continúan traballando no programa de actividades para amenizar unha das festas máis arraigadas na provincia. Na localidade da Merca, esta celebración ten unha cita importante cos Galos de San Pedro da Mezquita,unha festa chea de cor, diversión e tradición que conta con máis de 250 anos de historia.
Consulta o programa do Entroido en San Pedro da Mezquita:
Domingo, 16 de febreiro
17,00 horas - Os veciños reúnense co campo da igrexa para participar no tradicional "Corredoiro do Galo".
Domingo, 23 de febreiro
Dende a mañá, os Galos recorrerán as rúas da Mezquita para levar a festa e a algarabía do Entroido a cada recuncho da vila. A troula continúa pola tarde cunha merenda popular e coa música amenizada pola charanga Os Caliqueños.
Martes, 25 de febreiro
Nova oportunidade para desfrutar do Entroido e da tradición dos Galos da Mezquita cunha nova xornada festiva.