You are here

O Can de Palleiro

www.clubcandepalleiro.com

Can de Palleiro

“Só lle falta falar

Din os nosos vellos, que nas aldeas, había un can  que tanto podía coida-lo gando, como garda la casa.

 Algúns contan que na súa casa había un can  que  o ía buscar  á escola cando remataba e o acompañaba de volta ao fogar, protexéndoo durante o longo camiño.

 Este can é o “Can de Palleiro”, unha raza autóctona galega en perigo de extinción.

Historia e orixe

O Can de Palleiro é un can de tronco indoeuropeo, o seu agritipo foi o principal antepasado dos cans de campesiño de Centroeuropa, acompañando aos pobos precélticos atlánticos, centroeuropeos e nórdicos nas sucesivas ondas de invasións que poboaron  a vertente atlántica noroccidental da Península Ibérica.

O nome de Can de Palleiro puxéronllo tras ver  que os cans adoitaban durmir no palleiro, porque lles proporcionaba  calor e abrigo.

Unha das razóns polas que case desaparece esta raza, foi pola chegada dos pastores alemáns e outras razas foráneas. Os donos dos cans de palleiro, comezaron a cruza-las fémias de palleiro   cos pastores alemáns, e así xeración  tras xeración a raza foi dexenerando.

 Pero un grupo de veterinarios da Xunta de Galicia, decatáronse de que en moitas ganderías había un can de características semellantes. Puxéronse a investigar e describiron esta raza polo que a  Administración decidiu conservala . Fundouse o “Club de Raza de Can de Palleiro” que axiña comezou a súa inestimable tarefa para tentar recuperar esta raza autóctona en perigo de extinción.

Identificación

Aparencia:

Para recoñecer a un auténtico Can de Palleiro, hai que ter en conta unhas características:

O Corpo: este animal é rústico e fornido, de tipo lupoide, cun perfil recto, eumétrico, de tamaño medio, duns 60- 62cm na cruz, posúe unhas  proporcións harmónicas, constitución forte, con ósos bastante grosos e cun corpo mediano, ainda que lixeiramente alongado.

As súas extremidades  son rectas e ben verticais, presentando unha forte estrutura ósea.

As fémias son algo máis baixas, lixeiras e con proporcións máis lonxíneas.

 A pesares da súa aparencia robusta, os seus movementos son rápidos e de boa musculación.

A cabeza é forte, ó xeito dunha pirámide horizontal, con óso denso, proporcionada coa conformación do animal. Ten un pescozo musculoso e a pel non forma papada.

Respecto a cor, hai varias capas neste intre: marela, castaña, lobuno, canela e incluso negra.

O pelo é espeso, tupido e denso (máis no inverno) por ser un animal que adoita vivir e durmir fóra da casa.

Temperamento:

Can pastor e de garda, polivalente, pois tanto vai coas vacas, arreándoas e gardándoas, como tamén coida da casa. Gardián de gran intelixencia, presenta un carácter forte e reservado cos estranos, sendo, ademáis valente (é o único can que é capaz de enfrontarse ás vacas) características que o fan  un gran colaborador na conducción e garda do gando. É extremadamente leal ao seu amo e doce e tranquilo coa xente da casa.

Outra das características deste animal  é a estabilidade psíquica e equilibrada e a súa sociabilidade.

O Can de Palleiro, dentro da súa polivalencia, comeza a introducirse en sectores coma: can de rastreo, no exército, no coidado de persoas maiores, como can guía etc. E cada vez téntase conseguir introducilo en canta tarefa sexa capaz de levar a cabo este espléndido animal.

Na actualidade o Can de Palleiro acode a cantidades de exposicións de razas autóctonas, feiras do gando… mostrándose pouco a pouco  e dándose a coñecer nas saídas en televisión, xornáis e revistas.

Para una mayor información sobre "O Can de Palleiro", visitar el Sitio Web: www.cluncandepalleiro.com

 

 

Lo último en los blogs

Una de las vacunas chinas probada en humanos es segura y genera respuesta inmune.Se ha probado en 108 adultos y ofrece resultados...
Seguro que al cerrar un libro alguna vez has pensado en lo maravilloso que sería poder viajar al mundo en el que transcurre la historia. En...

Lo último en los foros

No es un secreto que Galicia cuenta con vinos: blancos y tintos de los cuales algunos de ellos pueden ser considerados de los mejores del...
Se inicia este "Foro" en relación al proyecto "Galicia Universal", para que todo aquel que se identifique con el mismo, pueda emitir su...