MONCHO BORRAJO CÓMICO, ACTÚA ESTA NOCHE EN EL TEATRO GARCÍA BARBÓN
“Facer humor nos tempos que corren é como facer un exercicio espiritual”
Pasan os anos e Moncho Borrajo mantén a súa frescura e a súa chispa. Só unha conversa, que sempre resulta breve, demóstrao.
Moncho Borrajo.
A. BAENA. VIGO 12/01/2019 01:25 h.
Así, onte, a un día da súa actuación no García Barbón e co teatro cheo, compartíu a filosofía do seu espectáculo.
Chega co show ‘Borrajo perdido’, pero cando se perdeu?
En realidade era “+ perdido”, pero non lle puxeron o signo. Facer humor nos tempos que corremos é como facer un exercicio espiritual. Saen ofendidos por todo. Agora equiparouse a liberdade de expresión coa liberdade de insulto. Non hai nada peor que a autocensura. Os galegos temos un sentido do humor tremendo, onde a gran arma é a retranca. Eu protesto contra a censura do que non é políticamente correcto.
Esa censura plásmase en procesos xudiciais como o aberto contra Dani Mateo?
É un problema, porque non se ofenderon polo feito de soar os mocos na bandeira, senon porque con isto tratábase como un trapo. Outro día fixen un chiste dun maricón e unha muller chamoume homófobo. Home! Se non me podo rir de min mesmo, que queda entón? Non hai outro máis maricón ca min. Neste país faise unha broma dun coxo e cabréase o que anda ben. Esta situación empeorou coas redes sociais, que permiten insultar sen dar a cara. Abríu a porta aos mediocres.
“Borrajo perdido”, un Borrajo sen pelos na lingua.
Eu sempre me metín con todos. Como o tema do feminismo, o típico é preciso, o que loita polos dereitos que a muller se merece como ser humano, non polo feito de ser muller. Confúndese co detalle ou a elegancia de abrir a porta. A igualdade é outra cousa. A muller ten que ser feminina. A mín sácame de quicio os mariquitas afeminados. Eu sempre lles digo, os maricóns tamén somos homes, ou é que vos cortaron os collóns? O problema é que hai unha falla de cultura tremenda, canto máis culto se é, maior sentido do humor se ten. Hai moita frustración persoal.
Este show non só suporá o regreso ao teatro, senon tamén a Vigo.
Si, agora vivo en Tenerife. Tiña unha casa alí e era tontería ir só un mes. Pero manteño tódolos contactos de aquí. É moi emocionante actuar no García Barbón con todo vendido, despois de 47 anos de carreira, só o facemos Raphael, Serrat e eu. Aínda que o outro día non me nomearon nun programa da Sexta adicado aos 90, pero certo que eu casi non saía na televisión porque era irreverente con todo o mundo.